«En dez días teremos o proxecto rematado, que está encargado desde hai dous meses», adiantou o rexedor este martes, explicando que, unha vez recibido ese documento, debe superar a declaración de impacto ambiental e «inmediatamente, a dirección de Costas cederá a titularidade do paseo ao Concello», polo que se poderá iniciar a reforma do mesmo.
O alcalde deu conta deste proxecto en declaracións aos medios de comunicación e advertiu que «vai ser unha actuación excepcional e á altura do que Bouzas merece», agora que o Concello «está en disposición de reformar de forma urxente todo o paseo», na parte máis próxima ao casco vello, e «iniciar o paseo que imos facer ata Samil». Así, avanzou que «nun tempo razoable haberá un paseo entre Samil e Bouzas».