«Dado o seu tamaño e a cor, que non se diferenza da beira rúa, varias persoas xa tropezaron con eles por non se distinguir coa beira rúa», denuncia a CIG. «Lembramos que estes pivotes son iguais aos que xa produciron varios incidentes en Sabarís, onde recentemente un transeúnte lesionouse no nariz ao tropezar e caer cun destes pivotes», engade.
A CIG-Saúde vai levar este asunto ao Comité de seguridade da EOXI de Vigo para que «se busque unha solución a tal despropósito». «Estes pivotes son unha clara mostra de que a concesionaria do hospital privado non quere que os usuarios do hospital aparquen sen pasar por caixa», apunta a central sindical.