• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 8 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    As principais consultoras e despachos de avogados buscan novos talentos en Vigo

    As entrevistas no campus, no marco de II Foro Empleo, foron constantes ao longo de toda a mañá nos diferentes postos das empresas
    Redacción por Redacción
    19 de Feb, 2020
    en Local
    0
    As principais consultoras e despachos de avogados buscan novos talentos en Vigo

    Presentación corporativa de Aceites Abril. / Foto: DUVI

    As principais consultoras e despachos de avogados do país, algunhas das firmas máis relevantes dos sectores textil, alimentario e biotecnolóxico, entidades bancarias, aseguradoras e organismos públicos participan hoxe mércores e mañá xoves na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais na segunda edición de Foro Empleo, unha cita na que ao longo de dous días coinciden decenas de estudantes desexosos de incorporarse ao mundo laboral con múltiples profesionais na busca de novos talentos, canteira coa que inxectar “aire fresco” aos cadros de persoal das súas compañías.

    Con postos instalados no vestíbulo central e nos diferentes corredores, a facultade converteuse nun auténtico recinto feiral cun constante ir e vir de persoas, de charlas informais, de entrega de currículos…  A actividade só se detivo durante a inauguración do encontro, celebrada a mediodía no salón de actos do centro, ata onde se desprazaron a maior parte dos asistentes, incluíndo tanto o alumnado como os representantes empresariais e as autoridades que non quixeron perderse esta cita.

    O reitor, Manuel Reigosa, presidiu o acto e, ao seu carón acompañárono o concelleiro de Cultura, Emprego e Participación Cidadá, Abel Losada, e o decano da facultade, Jorge Falagán. Os tres fixeron fincapé no elevado interese dun foro que pon en contacto  ao alumnado que está a piques de titularse co mundo empresarial, “coa vida real á que están a piques de saír”, tal e como subliñou o decano, que loou especialmente a forte implicación dos máis de 50 voluntarios que colaboraron na organización “alumnas e alumnos sen os que nada disto sería posible”.

    “Actividades como esta demostran que a de Vigo é unha Universidade moderna, que, ademais de formar aos seus egresados, algo que fai extraordinariamente ben, investiga, transfire coñecemento ao tecido empresarial e preocúpase pola empregabilidade das súas alumnas e alumnos”, salientou Reigosa, quen se amosou especialmente orgulloso dunha iniciativa que naceu no decanato de Ciencias Económicas e Empresariais, pero que agarda “vaia medrando ano a ano”.

    Abril, Coca-Cola, Coren ou Mapfre tamén se suman a este encontro
    Dentro do sector xurídico o foro conta nesta edición coa participación de tres dos catro mellores bufetes do país –datos extraídos da última edición do ránking internacional Legal 500-, os despachos Uría y Menéndez, Garrigues e Cuatrecasas. E, ao igual ca en 2019, volven contar coa participación de dúas das denominadas Big4,  as firmas máis importantes do mundo no sector da consultaría e a auditoría: Deloitte e PwC, ás que se suma este ano a división de Portugal de Accenture Operations.

    Postos das empresas Deloitte e Bimba e Lola

    Entre os diferentes postos chama tamén a atención das e dos visitantes a relevante presencia do sector téxtil coa participación de firmas como Adolfo Domínguez, Bimba e Lola  ou a Sociedade Textil Lonia. En total son 35 as compañías que non quixeron perderse a súa participación nesta feira, destacando nomes tan coñecidos como Aceites Abril, Adecco, Artai, Coca-Cola, Coren, Magna Seatings ou Mapfre, que participan por primeira vez neste encontro. “Ademais tamén cabería destacar a presenza de organismos coma o Colexio de Economistas, Anfaco-Cecopesca, ARVI, a Autoridade Portuaria de Vigo e Campus do Mar, que foron algunhas das demanda que nos chegaron dende os decanatos das facultades do ámbito científico”, explica o decano, Jorge Falagán. Precisamente entre os asistentes á inauguración estaban os decanos das facultades de Ciencias do Mar e Química, Miguel Ángel Nombela e Mª de los Ángeles Peña , que salientaron o interese deste evento tamén para o seu alumnado.

    Actividades relacionadas co emprendemento e as novas profesións
    Ademais dos postos de cada unha das empresas, o programa do foro inclúe múltiples actividades relacionadas coa busca activa de emprego e a situación actual do mercado laboral. Neste sentido están previstas varias presentacións corporativas e mañá xoves pola tarde realizarase un evento sobre futuras profesións e emprendemento, patrocinado por Zendal –marca que integra as empresas do grupo biotecnolóxico de CZ Veterinaria e Biofabri-, no que se falará sobre as profesións do futuro, facendo especial énfase no Big Data.

    Imaxe dun dos corredores da facultade durante o foro

    A esta intervención seguiralle a mesa redonda ‘Novas profesións e emprendemento, como se inflúe desde a universidade’, na que participarán profesionais de distintas empresas que estarán moderados por Pablo Álvarez Freire, adxunto ao director executivo en Zendal. “O que imos facer é aproveitar esta mesa para presentarlle a oportunidade aos alumnos e alumnas da Universidade para que creen proxectos e ideas de negocio, dos que se escollerán catro ou cinco para realizar un taller especial o próximo mes de xuño”, recalca o decano.

    O foro pecharase cunha breve presentación e unha charla entre Lalo García Torres, do Hub de Innovación de Galicia, e Jorge Rodríguez, un dos fundadores de ConverFit, unha idea de negocio xestada na segunda edición da aceleradora ViaVigo e que, co tempo, se converteu nunha das máis potentes ferramenta de márketing de personalización, con clientes como Google ou Microsoft.

    43

    Tags: EmpleoForo EmpleoUVigo

    RelacionadosArtículos

    La Zona Franca de Vigo saca a concurso siete plazas de empleo público
    Local

    Zona Franca busca personal: descubre los perfiles y cómo inscribirte en su nueva convocatoria

    07 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones
    Local

    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones

    22 de Dic, 2025
    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio
    Local

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio

    19 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Vigo se convierte en el mercado más exclusivo de Galicia con una subida de un 9% en el precio del alquiler

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    «Absoluta decepción» e «inocentada»: así califica la oposición de Vigo el nuevo contrato del bus urbano

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La ETEA no arranca
    Más Vigo

    La ETEA no arranca

    Esta fotografía muestra parte de las instalaciones de la ETEA, acrónimo de Escuela de Transmisiones y Electricidad de la Armada,...

    por Julio Alonso
    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR