O de Romil resolverá un problema de décadas na zona ao reconverter a estrutura abandonada actual nun pavillón de 2.600 metros cadrados que poderá ademais ser utilizado polo alumnado do colexio Doutor Fleming, afirmou o alcalde de Vigo.
Caballero puxo en valor que ambos espazos se constrúen en colaboración coa Deputación de Pontevedra presidida por Carmela Silva, tenente de alcalde viguesa. O acordo contempla ademais a renovación dos dous pavillóns deportivos baixo a bancada de Río, no estadio de Balaídos, e novo céspede artificial para catorce campos de fútbol da cidade.
A modo de balance, Abel Caballero recordou que, baixo o seu mandato, o Concello remodelou os pavillóns de Monte da Mina, Sárdoma, pavillón do Carme, a pista vermella, os de Bouzas, Coia, Teis, Lavadores, Bembrive e Travesas. Ademais, o goberno de Vigo abriu dous novos espazos polideportivos na ETEA e os pavillóns de Candeán e Navia.