Ademais, ao longo dos vindeiros meses arrancarán os traballos noutras sete áreas infantís. A semana que vén iniciaranse os labores no macro parque de Navia -que incluirá a pista de skate e zona deportiva-, cun orzamento de 1,2 millóns. Nas próximas semanas tamén comezarán as ampliacións do de Barreiro (200.000 euros) e Pedro Alvarado (500.000 euros).
En fase de contratación atópase a zona de xogo de Bouzas, unha vez obtido o permiso, mentres que os parques da rúa Coruña, de Jenaro de la Fuente e de Maruja Mallo están en fase de aprobación do proxecto.