• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 8 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Arranca unha nova tempada de obradoiros na UVigo coa cata de viños e a apicultura como novidades

    O teatro, a música e a natureza, entre outras tantas vertentes de coñecemento, son algunhas das propostas formativas
    Redacción por Redacción
    03 de Feb, 2023
    en Local
    0
    Arranca unha nova tempada de obradoiros na UVigo coa cata de viños e a apicultura como novidades

    Entre as novas propostas formativas esta a de Introducción ás catas de viño

    A nova tempada de obradoiros de Extensión Universitaria da Uvigo para o segundo cuadrimestre chega con sabor a viño e a mel. Son 11 propostas formativas alternativas nas que as principais novidades son un obradoiro de cata de viños e outro de apicultura, novas propostas que se suman a outras xa clásicas como a elaboración de pan de formento, agricultura orgánica, cultivo de cogomelos, posta en escena dunha obra teatral, música e baile tradicional.

    Segundo informa o Diario da Universidade de Vigo, os prezos varían entre os 26 euros para a comunidade universitaria, os 32 euros para outros colectivos vinculados coa UVigo e os 40 euros do público en xeral. O prazo para inscribirse arranca o luns día 6 e manterase aberto ata o xoves 16 de febreiro.

    Ventá aberta ao mundo do viño e das abellas

    Para os amantes da viticultura ou, simplemente para quen queira aprender máis sobre o mundo do viño, lánzase o obradoiro Introdución á cata e tipoloxía de viños de Galicia, Portugal e España, unha proposta que chega da man de José Argibay e Juanjo Figueroa, presidente da Asociación de Sumilleres de Galicia e copropietario do restaurante vigués Lume de Carozo (Joaquín Yañez, 5), local no que se desenvolverán as clases. Será todos os mércores de 17:00 a 20:00 horas dende do 1 de marzo ao 10 de maio.

    No caso do Obradoiro de Apicultura ponse en marcha co obxectivo de que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para manter as colmeas sas e en estado de produción, coñecendo que produtos se poden obter e como colleitalos: mel, pole, cera, xelea real, apitoxina, propóleos, etc.

    Impartido por José Garrido, as clases desenvolveranse no salón de actos da Ecimat todos os sábados de 09:00 a 14:00 horas desde o 25 de febreiro ata o 18 de marzo. Partirase dunha aproximación xeral ao mundo das abellas, para, pouco a pouco, aproximarse a distintas cuestións de interese (normativa vixente, material empregado, tipos de colmeas, coidados, técnicas de multiplicación, de anestesiado…).

    Continúa a colaboración con Óscar Avendaño

    Como é habitual a música segue a ter un forte peso na programación dos obradoiros. Tras a fichaxe no primeiro cuadrimestre de Óscar Avendaño, baixista de Siniestro Total,  como convidado no obradoiro Miradas de música, a colaboración continúa agora con Tres acordes e a verdade: viaxe ao interior das cancións que impartirán de maneira conxunta a docente da UVigo Susana Rodríguez Barcia e o propio Avendaño. O obxectivo é achegar ao alumnado as claves compositivas da música rock e pop, en especial en canto á relación das letras coa historia política e social e as circunstancias persoais dos e das artistas. Será no café A Casa de Arriba (Martín Códax, 23 Vigo).

    Continúa tamén a Aula de Música Tradicional, obradoiro de música e baile tradional galego, así como o Obradoiro básico de Ukelele e o de Posta en escena dunha obra teatral, dirixido á preparación da obra coa que representarán á UVigo na vindeira edición da Miteu.

    Moita natureza e gastronomía

    Volven tamén diferentes obradoiros relacionados co mundo da natureza, entre eles o de Cultivo doméstico de cogomelos, unha opción que inclúe o cultivo práctico de varias especies de cogomelos de interese gastronómica, coñecementos teóricos e todo o material preciso; Descubrindo as árbores: identificación e usos, dirixido a que as persoas asistentes aprendan a coñecer e identificar as diferentes especies de árbores, así como a recoñecer que especies son comestibles e que propiedades nutracéuticas teñen, que outras aplicacións poden chegar a ter… , así como o Obradoiro práctico de agricultura orgánica. Deseño, planificación, implantación e manexo dunha horta orgánica, continuación do que xa se impartiu no primeiro cuadrimestre (máis teórico) e no que agora se centrarán en facer as plantacións no horto universitario que está situado detrás do Cinbio.

    O cadro de posibilidades de talleres relacionados co mundo da natureza complétase con Plantas silvestres comestibles, identificación no campo e usos na cociña, que, un ano máis, correrá a cargo de Patricia Puga. As clases alternarán neste caso as explicacións teóricas coa recolleita das plantas e a súa preparación, que se levará a cabo na cociña da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

    Completa o abano de posibilidades o obradoiro Pan de formento. Recobrando a tradición, impartido por César Lema, co que se pretende recuperar a idea do pan como alimento básico de sempre. Falarase nestas clases dos diferentes tipos de cereais e as súas propiedades, das vantaxes de empregar o formento no canto do lévedo prensado, pero tamén haberá oco para a práctica, de maneira que cada participante poida elaborar os seus propios pans que logo cociñará no forno da súa casa.
     

    43

    Tags: formaciónUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR