Durante a visita felicitou ao «maestro» Antón Pulido polo deseño que converteu o antigo cruce de Peniche «nunha das mellores zonas de arte urbano do mundo». Lembrou a complexidade do proceso porque houbo que exproiar e derrubar as edificacións para facer un deseño «nunha zona que parecía imposible de mellorar», referíndose a que a entrada á Camiño de Pazos era un calexón e «agora é unha obra de arte». Durante as declaracións eloxiou os traballos dos concelleiros de Urbanismo, Fomento e Cultura.
O importe do proxecto foi de 175.000 euros e se actuou sobre 280 m2 que transformaron unha zona de edificios en ruína nun espazo de convivencia cidadá. A actuación nese novo espazo urbano se conforma cun pavimento de formigón no chan coloreado, o perimetro da praza estará rodeado por un mural de altura variable.