A primeira fase da rúa Colombia, que saíu a licitación por importe próximo ao medio millón de euros, ten un prazo estimado de execución de seis meses e suporá un novo pavimento, novas redes de saneamento, rego e alumeado público, novas luminarias, mobiliario urbano, papeleiras e ornamentación. O abastecemento xa foi cambiado recentemente.
O Concello reservou unha partida de 2,3 millóns para a reforma deste novo treito de Vía Norte, que estará en obras dez meses. As melloras inclúen a renovación dos pavimentos, novas redes de abastecemento, saneamento e pluviais, da iluminación exterior e da semaforización, xunto a espazos verdes e mobiliario urbano.
Esta humanización estará rematada antes de que conclúa a obra da nova estación de Thom Mayne en Urzaiz.