• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 11 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    UVigo

    A UVigo reivindica a xustiza social cun programa de actividades divulgativas

    Entre as accións está a publicación dun minidicionario con 72 termos "para a transformación social"
    Redacción por Redacción
    24 de Feb, 2024
    en Local
    0
    A UVigo reivindica a xustiza social cun programa de actividades divulgativas

    O acto tivo lugar no campus de Ourense, no Edificio de Ferro/Foto:DUVI

    A Universidade de Vigo súmase á conmemoración, o 20 de febreiro, do Día Mundial da Xustiza Social, cun programa de actividades divulgativas que inclúe unha conferencia, un obradoiro e, sobre todo, a publicación dun minidicionario no que se recollen 72 termos para «a transformación social». As accións forman parte de Ciencia de Ida e Volta, o programa anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo (UCC+i), que conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT) del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades..

    A programación foi presentada este venres no campus de Ourense. No acto, Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo, salientou que esta iniciativa, ao igual que o programa no que se enmarca, ten como obxectivo que as persoas investigadoras e o seu traballo cheguen á sociedade, subliñando que nesta ocasión colaboran grupos de investigación de diferentes campus e disciplinas. Pola súa banda, Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, amosou a súa satisfacción por acoller esta presentación tendo en conta “o noso compromiso coa inclusión e coa responsabilidade social”.

    Carmen Verde e Iria Vázquez, profesoras da UVigo e integrantes do grupo Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia (GETS-IT), e Brais Suárez, investigador do grupo Post-Growth Innovation Lab, foron os encargados de detallar as iniciativas propostas, froito da colaboración destes dous grupos, o primeiro con sede no campus de Ourense e centrado no eido do traballo social e o segundo con sede no campus de Pontevedra e centrado na transición cara sociedades non dependentes do crecemento e si da sostibilidade. Nas súas intervencións destacaron a satisfacción polos bos resultados desta colaboración e a importancia de divulgar conceptos precisos «para a transformación social».

    Conceptos para «favorecer a reflexión»

    O Día Mundial da Xustiza Social, destacouse desde a UCC+i, é unha data dedicada a apoiar o traballo da comunidade internacional para erradicar a pobreza e promover o emprego pleno, o traballo digno, a igualdade entre homes e mulleres, o acceso ao benestar social e a xustiza social para todas as persoas. Entre as propostas da UVigo para conmemorar este día atópase a elaboración e publicación dun Minidicionario de Xustiza Social, un volume elaborado en estreita colaboración con científicos e científicas sociais do GETS-IT e do Post-Growth Innovation Lab e coordinado por Carmen Verde, Iria Vázquez e Brais Suárez. Dirixida a alumnado da ESO, Bacharelato e FP, a publicación pretende “contribuír a que o estudantado entenda os riscos, dinámicas e retos sociais actuais, ao tempo que pon en valor iniciativas, ferramentas e mecanismos de transformación social”. Inclúe 72 termos divididos en once capítulos relacionados con campos semánticos: xustiza social, interseccionalidade, pobreza, mercado laboral, movementos migratorios, infancia, saúde, dependencia, discapacidade, igualdade de xénero, violencia machista, violencia intrafamiliar e soidade. Ademais, o libro vai acompañado dun xogo de cartas para fomentar a aprendizaxe lúdica.

    No glosario destácanse “numerosos conceptos relevantes, curiosos ou novidosos para favorecer a reflexión sobre as distintas realidades sociais da nosa contorna, así como para dar a coñecer algúns dos posicionamentos existentes para afrontar os retos presentes e futuros da sociedade”. O minidicionario conta coa colaboración de autores como Aitor Alonso Rodríguez, Joana Amorim, Tess Doezema, Paula Frieiro, Yolanda García, Rubén González, Clara Grech, Noortje Keurhorst, Cristina Míguez, María Celsa Perdiz, Sabela Pérez, Santiago Prado, Breogán Riobóo, Ana María Rodríguez, Víctor José Sánchez, David Soto e Raquel Vázquez.

    Máis propostas

    Ademais do minidicionario, a programación da UVigo inclúe a elaboración dun vídeo divulgativo en formato pregunta-resposta, que contará coa colaboración de alumnado de Secundaria do IES de Chapela e do persoal investigador que colaborou na elaboración do glosario. Segundo explicaron dende a UCC+i, “trátase dunha peza audiovisual que busca indagar no nivel de familiaridade do alumnado con determinados termos relacionados coa xustiza social”. Outra das actividades prevista é unha conferencia titulada Xustiza social para combater a desigualdade no mercado laboral, aberta a todos os públicos, que irá acompañada dun obradoiro de elaboración de videocurriculum dirixido a usuarios da Asociación Down Ourense, do centro Marlau e do CIPF Portovello. Tanto a conferencia como o taller serán impartidos pola investigadora do grupo GETS-IT Sabela Pérez o día 29 de febreiro no Edificio de Ferro do campus de Ourense.

    43

    Tags: actividadesUniversidad de VigoUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas
    Local

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas

    10 de Feb, 2026
    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España
    Local

    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España

    10 de Feb, 2026
    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta
    Más Vigo

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta

    En esta época invernal del 2026, con intensos fríos e inacabables borrascas, a muchas personas les viene el recuerdo de...

    por Julio Alonso
    11 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR