• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 2 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo recupera posicións no ránking de Shanghai, situándose entre as 600 mellores universidades do mundo

    Das corenta institucións españolas incluídas na clasificación, Vigo aparece no posto 14
    Redacción por Redacción
    03 de Sep, 2020
    en Local
    0
    A UVigo recupera posicións no ránking de Shanghai, situándose entre as 600 mellores universidades do mundo

    Campus da Universidade de Vigo.

    O Academic Ranking of World Universities (ARWU) ou ránking de Shanghai do ano 2020, publicado hoxe, confirma o retorno da Universidade de Vigo entre as 600 mellores universidades do mundo, do total de 1000 institucións de educación superior, que avalía a clasificación elaborada pola organización independente Shanghai Ranking Consultancy. Logo de situarse o ano pasado no tramo 601-700, a UVigo recupera posicións neste 2020, retornando ao grupo no que se atopan as universidades clasificadas no tramo 501-600, no que xa aparecera nos anos 2017 e 2018. «É unha satisfacción comprobar que os esforzos dos investigadores da UVigo volven a nos posicionar entre as mellores 600 universidades do mundo», asegura o reitor Manuel Reigosa, que «responsabiliza» desta recuperación ao esforzo da comunidade universitaria, ao tempo que lembra que «desde o punto de vista institucional, a UVigo sempre apostou por incentivar a investigación e por primar os criterios de calidade das publicacións. Agora estamos a continuar nesa liña, pero incluíndo un grande impulso nos programas de captación e de retención de talento». Neste sentido, Reigosa destaca «o éxito» da institución por ser quen nos anos 2018 e 2019 de atraer novos científicos e científicas altamente citados (HCR), como Maurizio Battino. Francesca Giampieri e Bruno Mezzetti.

    Precisamente, as e os investigadores altamente citados (HiCi) é un dos indicadores que avalía o ránking de Shanghai, que completa os seus criterios de clasificación co persoal docente (Award) e alumni gañadores de premios Nobel e medallas Fields (Alumni); os artigos de resultados de investigación publicados en Nature e Science (N&S); artigos indexados en Science Citation Index-Expanded e Social Science Citation Index (PUB) e o rendemento académico per cápita das institucións (PCP). «O ranking de Shanghai é unha referencia de primeira orde. En primeiro lugar porque é independente, en segundo lugar porque é obxectivo e ten criterios claros, coñecidos e estables e en terceiro lugar, porque ten a consideración en todo o mundo, sendo probablemente a principal referencia», argumenta o reitor.

    Nunha edición do ránking na que as universidades de Harvard, Stanford e Cambridge encabezan a clasificación, a UVigo comparte o tramo 501-600 coas universidades españolas Politécnica de Madrid, Navarra, Illes Balears e Rovira i Virgill, situándose como a decimo sétima institución académica española do total de 40 universidades nacionais que figuran nesta edición do ránking. Respecto do ano pasado, a UVigo, ademais de ascender do tramo 601-700 ao 501-600, sube no global das institucións académicas españolas, que encabezan a Universitat de Barcelona, a Autónoma de Barcelona e a Complutense de Madrid, situándose no posto 14, empatada coas universidades antes citadas. En 2019, a UVigo quedara no tramo 18-21 das universidades españolas, xunto a Cantabria, Córdoba e Salamanca. 

    Cumprindo a folla de ruta para ser quen de retornar entre as 500 mellores

    A mellora experimentada na posición da UVigo no ránking de Shanghai 2020 respecto do anterior, ademais de «amosar a vitalidade da institución e a súa aposta polo esforzo, mérito e capacidade», axuda, segundo o reitor a visibilizar a todos os niveis o seu posicionamento. «Isto pode redundar en moitas vantaxes, influíndo na captación de alumnado internacional ou facilitando a atracción de investigadores de alto nivel, o que redundará de novo en melloras institucionais. Asemade, pode repercutir nun mellor posicionamento para o traballo de transferencia e a colaboración coas empresas da contorna, que é un obxectivo fundamental do noso traballo como institución», asegura Reigosa.

    Co gallo da publicación do ránking, o reitor lembra que no seu discurso de toma de posesión  apuntara como obxectivo chegar a estar de novo entre as mellores 500 universidades do mundo, un fito que a UVigo acadara consecutivamente nos anos 2011 e 2012. «Ata o de agora, imos cumprindo a folla de ruta, pero isto non garante que sexamos quen de chegar a esas posicións tan cedo coma me gustaría. O resto das universidades tamén incorporan melloras e a competición é totalmente aberta. En resumo: penso que debemos ter como obxectivo chegar a esas posicións de privilexio, sabendo que o importante non é o ránking, senón o traballo de calidade que se fai», sinala Manuel Reigosa. 

    Valoración dos datos do primeiro prazo de matrícula do curso 20-21

    A publicación hoxe do ránking de Shanghai coincide practicamente no tempo coa dos datos do primeiro prazo de matrícula dos graos con límite de prazas para o curso 2020-2021, que no caso da UVigo revelan que ata de agora se  cubriron 2234 prazas das 3665 ofertadas, o que representa unha porcentaxe de ocupación do 61%, que no caso da USC se sitúa nun 64 e no da UDC nun 52%.

    Cara un curso que estará, tamén no ámbito universitario, marcado pola covid-19, así como polos cambios que se fixeron nas probas da ABAU, o reitor da UVigo avanza que «o ano pasado despois do primeiro chamamento tiñamos peores datos globais, tanto en valores absolutos, como en posición relativa con respecto ás outras universidades galegas, pero hai que ter en conta que hai un número moito maior de alumnado polos cambios na selectividade». A pesares de que a nivel estatal se preconizaba un descenso importante no número de estudantes matriculados en grao e mestrado, o reitor apunta que «polos datos que barallamos, parece que na UVigo imos resistir o tirón», unha circunstancia que Reigosa achaca, por unha banda a que as taxas en Galicia seguen a ser das máis baixas do Estado, así como a que haxa estudantes que prefiran quedar na comunidade e non arriscar a moverse a outras. «Pero penso que tamén os alumnos teñen claro que a Universidade de Vigo, a pesares das dificultades, fixo unha acertada aposta pola docencia non presencial cando foi preciso. Ademais, a UVigo no seu conxunto vai a facer o esforzo de maximizar, con prudencia, a docencia presencial neste curso e desde logo, estamos preparados para os distintos escenarios previsibles en canto á pandemia e se chegara o peche de centros, seguiríamos impartindo a docencia con certa ‘normalidade’, explica o reitor, que tamén lembra que a UVigo convocou cara o vindeiro curso novas bolsas para alumnado que teña membros da familia afectados por ERTEs ou EREs, co obxectivo de que «ninguén deixe de estudar na universidade por unha dificultade económica», sinala Reigosa.

    43

    Tags: UVigo

    RelacionadosArtículos

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia
    Local

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia

    01 de Dic, 2025
    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas
    Local

    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas

    24 de Nov, 2025
    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina
    Marítima

    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina

    21 de Nov, 2025
    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger
    Local

    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger

    20 de Nov, 2025
    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»
    Local

    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»

    18 de Nov, 2025
    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos
    Local

    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos

    17 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Los vigueses perdieron 34 horas al volante en los atascos

    «No se toman medidas hasta que hay una desgracia, y no será por falta de advertencias»

    por Redacción
    01 de Dic, 2025
    0

    Vigo revalida el liderato de los supermercados más baratos de España

    Un histórico hipermercado levanta su persiana tras una remodelación completa

    por Redacción
    25 de Nov, 2025
    0

    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos

    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos

    por Redacción
    30 de Nov, 2025
    0

    Semana de ilustres (y esperados) estrenos en la calle Príncipe

    Tras un año en Vigo, la perfumería ‘low cost’ por excelencia se expande a Vialia

    por Redacción
    28 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un gran tranvía para un gran Vigo
    Más Vigo

    Un gran tranvía para un gran Vigo

    Casi al final de este año 2025 ha salido a la luz un libro muy interesante sobre los tranvías de...

    por Julio Alonso
    01 de Dic, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar
    Libros

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar

    La escritora viguesa Laura Torres regresa este viernes, 28 de noviembre, a su ciudad natal para presentar Beland, mi lugar...

    por David Augusto
    27 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Los querubines son de Vigo
    Opinión

    Los querubines son de Vigo

    Lo que muestra esta fotografía es el estado actual de una de las zonas más significativas de la ciudad de...

    por Julio Alonso
    30 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR