• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo lidera unha rede de 22 entidades para formar especialistas en ciberseguridade de todo o mundo

    No marco do programa Horizonte Europa, ten un orzamento de 2,1 millóns de euros
    Redacción por Redacción
    14 de Abr, 2023
    en Local
    0
    A UVigo lidera unha rede de 22 entidades para formar especialistas en ciberseguridade de todo o mundo

    O proxecto está liderado polo catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigador de atlanTTic Marcos Curty. / Foto: Uvigo

    Os avances que se están dando no eido da computación cuántica implican un risco potencial e inmediato para os sistemas de criptografía que son os que garanten a seguridade das comunicacións e da protección da información en internet. Cómpre, polo tanto, avanzar na procura de novas solucións que aseguren comunicacións cuanticamente seguras. Para avanzar neste eido, a Universidade de Vigo coordina unha rede internacional que permitirá formar os expertos en ciberseguridade do futuro. O proxecto, bautizado como Quantum-Safe Internet (QSI) foi seleccionado no marco da convocatoria Marie Skłodowska-Curie Actions e está liderado polo catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigador do Vigo Quantum Communication Center. Cunha duración de 48 meses, conta cun orzamento de 2,1 millóns de euros, dos cales medio millón corresponden á UVigo.

    Como explica o investigador esta é unha rede de formación de doutores da que forman parte 22 entidades, 7 como beneficiarias e 15 como asociadas, incluíndo grandes empresas como Toshiba ou Cisco, e universidades de Francia, Alemaña, Dinamarca, Países Baixos, Italia, Reino Unido, Suíza, Xapón ou Canadá.

    Aínda que o proxecto arrancou no mes de outubro, a xuntanza de lanzamento está prevista para o mes de xuño en Amsterdam, xa que nestes primeiros meses os socios están a traballar na captación e contratación dos 12 estudantes de doutoramento que realizarán a súa tese no marco deste proxecto. Desta ducia, dous dos estudantes realizarán a súa tese en Vigo, e xa están traballando na UVigo.

    Esta non é a primeira vez que a Universidade de Vigo participa nunha rede de formación Marie Curie, pero si é a primeira vez que se encarga de coordinar unha delas. Segundo Curty, para a Universidade de Vigo a posta en marcha desta iniciativa implica, ademais de máis traballo tanto administrativo como científico, a posibilidade de ter máis visibilidade e máis financiamento.

    QSI ten como obxectivo capacitar a unha cohorte de investigadores doutorais de nivel internacional capaz de dar os seguintes pasos esenciais na área altamente esixente da ciberseguridade. “O noso obxectivo é construír vínculos fortes e duradeiros entre os socios industriais e académicos, en diferentes disciplinas, a través do desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras para aplicacións prácticas en seguridade de datos”. A rede brindará oportunidades de investigación e capacitación a unha nova xeración de doutores que terán que abordar no futuro o gran desafío de proporcionar unha internet cuántica segura, é dicir, “unha infraestrutura de comunicación que sexa segura non só contra os ataques clásicos, senón tamén contra as tecnoloxías cuánticas”.

    Os retos da seguridade nas comunicacións

    O proxecto céntrase na protección das comunicacións para conseguir que sexan un proceso seguro, comunicacións que abranguen dende as compras en liña ou a banca electrónica ata rexistros de saúde electrónicos ou informacións confidenciais das empresas ou dos gobernos. “En todo este tipo de comunicación, nas que a información se distribúe nunha rede aberta como pode ser internet é necesario ter a certeza de que eses datos non son accesibles para persoas que non estean autorizadas”. Ata agora, esta seguridade baseábase en gran medida en suposicións de complexidade computacional, é dicir, “os sistemas que empregamos actualmente para protexer a información baséanse en certos problemas matemáticos moi difíciles de resolver, como a factorización de números, é dicir, a busca dos números primos.

    Este é un sistema seguro sempre e cando o problema siga sendo irresoluble, pero os avances nas tecnoloxías de computación cuántica ameazan esa seguridade. Dende 1995 a comunidade científica é consciente da posibilidade de que un ordenador cuántico poña en risco a seguridade das comunicacións. “Naquel momento había dúbidas de que un ordenador con esa tecnoloxía puidese chegar a ser construído, pero hoxe en día sabemos que é posible e, de feito, nos últimos cinco anos houbo avances exponenciais porque hai moitísimas empresas, sobre todo os xigantes como Google, Amazon ou Microsoft, que teñen programas propios moi ambiciosos para construír ordenadores cuánticos”.

    Unha vez que existe unha ameaza coma esta, recalca o catedrático, “a dúbida é saber cando van estar dispoñibles estes ordenadores e, atendendo a como está evolucionando a tecnoloxía, nunha década podería haber ordenadores cuánticos capaces de romper a criptografía actual”. Por isto, insiste Curty, é imperativo “que desenvolvamos e implementemos con urxencia novas solucións, como as que se van a abordar nesta rede” e que van xirar arredor de tres alternativas: a criptografía cuántica, a poscuántica e as tecnoloxías híbridas.

    Solucións: dúas e unha terceira mixta

    A primeira das tres liñas nas que van traballar nesta rede é a criptografía cuántica, que é na que se centra o grupo de investigación de Curty, O experto explica que “a computación cuántica é unha ameaza para os sistemas de criptografía, pero a mecánica cuántica tamén achega unha solución a esa ameaza, que pasa por crear sistemas criptográficos cuánticos seguros fronte á computación cuántica e fronte a calquera ordenador que se poida crear e que poida ter toda a capacidade computacional do universo”. Esta tecnoloxía, puntualiza, xa existe e hai plans para despregala, pero un dos problemas é o custe. «Son equipos caros e, ademais, é unha solución hardware, é dicir, é preciso mercar equipos físicos que codifiquen a información dunha forma particular, non son programas de ordenador». Por outra banda, existen tamén limitacións de distancia e, aínda que «tecnoloxicamente temos formas de solucionalo, isto require de tecnoloxías que aínda non están dispoñibles». Como explica Curty, actualmente en sistemas comerciais as limitacións de distancia son de arredor de 100 km, mentres que en sistemas de laboratorio poden chegar a 1000 km. “Isto implica que se quero comunicarme Vigo-Berlín, esta tecnoloxía non chega a menos que teñamos nodos confiables entre medias, o que entraña certos problemas de seguridade, ou que se opte por solucións vía satélite, como outra posible alternativa». Todos estes aspectos serán abordados polos invstigadores da rede Marie Curie, que se centrarán en mellorar as prestacións e a seguridade deste tipo de tecnoloxía e, sobre todo, en incrementar as distancias.

    A segunda solución é a criptografía poscuántica, “que é moi similar á que empregamos actualmente”. Como explica Marcos Curty, “ata agora as solucións baséanse na posibilidade de resolver certos problemas matemáticos que cremos que son difíciles. Isto ten a vantaxe de que se pode implementar a nivel software e non hai problemas de distancias. A desvantaxe é que cun ordenador cuántico estes problemas poden romperse”. A solución, salienta, “pasa por buscar problemas que sexan difíciles para un computador cuántico. Hai varios proxectos relacionados con esta tecnoloxía en marcha en Europa, pero aínda non temos experiencia para determinar se eses problemas son realmente difíciles. De conseguilo sería a solución máis eficiente, porque sería software”.

    Entre medias, engade, existe unha terceira alternativa, as tecnoloxías híbridas, que combinan a criptografía cuántica e a poscuántica, “de modo que se un atacante quere romper o sistema, teña que romper ambas. E é unha vantaxe porque están baseadas en principios completamente distintos, o que o fai moi difícil de vulnerar”, remata o investigador.

    Agora, a medida que se vaian incorporando á rede os 12 investigadores doutorais xunto coas empresas e institucións implicadas traballarán durante os próximos tres anos e medio nestas tres vías na procura de solucións para unha internet cuanticamente segura.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España
    Local

    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España

    10 de Feb, 2026
    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El ascensor de las sorpresas
    Más Vigo

    El ascensor de las sorpresas

    Las personas que habitualmente utilizan este ascensor ya han perdido la cuenta del número de averías desde su inauguración. Se...

    por Julio Alonso
    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR