• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 12 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigoé

    A UVigo lidera un estudo que identifica por vez primeira na península libélulas do Xurásico-Cretácico

    O estudo, realizado con investigadores de Alemaña e Francia, acaba de ser publicado en 'Biology'. No Geoparque de Las Loras (Palencia-Burgos) tamén atoparon flora diferente á da zona nesa época
    Redacción por Redacción
    21 de Feb, 2022
    en Local
    0
    UVigo

    Imaxe do canón da Horadada no Geoparque de Las Loras.

    Hai uns 145 millóns de anos, no tránsito do Xurásico ao Cretácico, a península ibérica presentaba un clima relativamente seco, con condicións xeneralizadas de aridez e probablemente con cambios estacionais. Non obstante, no que daquela era unha grande illa separada do resto de Europa, existían ecosistemas hidrotermais, con humidade permanente, debido ao vapor, afloramento de auga, e cunha temperatura constante ao longo do día e do ano. Un deses ecosistemas situábase na área xeográfica que na actualidade se corresponde con Las Loras, unha área situada entre as provincias de Palencia e Burgos e onde se localiza un xeoparque mundial recoñecido pola Unesco. É precisamente neste lugar onde, no ano 2021, nun afloramento de travertinos, un grupo de investigadores españois, franceses e alemás, liderados pola UVigo, identificaron, por vez primeira na Península Ibérica, a presenza de libélulas de dúas familias, ademais de flora dominada por Bennettitales e fentos, que se diferencian doutras floras da mesma idade e zona xeográfica.

    “Atopar a presenza de libélulas das familias Cymatophlebiidae e Aktassiidae en afloramentos de travertinos (rochas sedimentarias calcareas continentais) do Geoparque de Las Loras foi unha sorpresa moi agradable e inesperada. Estes fósiles son do tránsito Xurásico-Cretácico, e nese momento a península ibérica era unha grande illa separada do resto de Europa, polo que a presenza destas dúas familias, ata agora descoñecidas na Península, supón unha nova peza para o quebracabezas bioxeográfico destes grupos biolóxicos”, explica o investigador do departamento de Xeociencias mariñas e ordenación do territorio da UVigo Artai Santos, que xunto aos tamén investigadores do Centro de Investigación Mariña da UVigo CIM, Bienvenido Diez e Iván Rodríguez-Barreiro, lideran un estudo internacional que acaba de ser publicado en Biology e no que tamén participan Luis M. Sender da Universidad de Zaragoza; Torsten Wappler da Universidade Bonn/Hessisches Landesmuseum Darmstadt e André Nel do Museo de Historia Natural de París.

    • Restos de macroflora nunha muestra de rocha, amosando diferentes espécimes tipo Bennettitaleano (cf. Ptilophyllum sp.).
    • Os investigadores da UVigo Iván Rodríguez-Barreiro, Artai Santos e Bienvenido Diez.

    A localización de tres ás de libélulas de dúas familias ata o de agora descoñecidas na península ibérica, non é o único descubrimento do que os autores de Insect and Plant Diversity in Hot-Spring Ecosystems during the Jurassic-Cretaceous Boundary from Spain (Aguilar Fm., Palencia) dan conta no seu artigo, no que tamén revelan a localización dunha flora dominada por Bennettitales e a presenza de fentos que se diferencian doutras floras da mesma idade e zona xeográfica. “As floras do Titoniense-Berriasiense son infrecuentes a nivel mundial e moi escasas na península e neste xacemento case o 100% da flora estaba composta por estas plantas”, explica Santos en relación co achado das Bennettitales, un grupo extinto de plantas con semente, que a primeira vista poderían lembrar ás cícadas actuais e que aparentemente se extinguiron a finais do Cretácico.

    Un oasis ecolóxico para algunhas plantas e insectos

    A existencia dun paleoambiente hidrotermal, que son moi pouco comúns nos depósitos do Xurásico Superior e do Cretácico Inferior en todo o mundo, na área do Geoparque de Las Loras onde se desenvolveu a escavación, resultou determinante para o achado dos 136 espécimes de plantas e das tres ás de insectos que foron colleitadas e estudadas. Os investigadores da UVigo que lideran o estudo describen ese paleoambiente de augas termais como un ecosistema continental, vencellado a fallas e actividade tectónica. ”A través das fallas a auga quente emerxía á superficie formando pozas ou pequenos lagos e regatos de auga quente, que nos traballos previos evidenciaron que había crecemento bacteriano, como ocorre a día de hoxe noutros ambientes hidrotermais”, detalla Artai Santos, que sinala que estes ecosistemas ofrecían un nicho ambiental protexido, que parece que foi favorable, de aí que os investigadores falen dun “oasis ecolóxico”, para as Bennettitales e as libélulas atopadas, xa que moitas plantas e certos insectos precisan condicións cálidas e de humidade.

    • O equipo de investigadores que realizou o traballo de campo na área do Geoparque de Las Loras.

    En canto á area na que se localizaron os restos das libélulas e da flora, os investigadores destacan a súa especial relevancia a nivel xeolóxico, que abarca o límite entre o Xurásico e o Cretácico, un tránsito que ten interese a nivel mundial, ao tratarse dun límite polémico e con poucos rexistros. Non obstante, “o máis interesante desta formación, desde un punto de vista paleoecolóxico, é sen dubida a presenza de travertinos formados nun ambiente hidrotermal, un tipo de xacementos que son únicos a nivel mundial e deben ser postos en valor e protexidos”.

    Un traballo en equipo coa axuda do Geoparque de Las Loras

    A escavación que permitiu identificar vez primeira a presenza de dúas familias de libélulas do Xurásico- Cretácico na península ibérica , así como flora diferente a outra da mesma idade e zona, desenvolveuse entre os meses de xuño e xullo do ano 2021, grazas a unha axuda do Geoparque de Las Loras para o estudo da paleobotánica e paleoecoloxía da zona. “Afortunadamente tivemos bo tempo e o traballo de campo foi moi agradable, ademais, debido á covid levabamos tempo con ganas de saír a escavar, aínda que fose con máscaras”, explica Artai Santos, que destaca que aproveitaron para sacar todo o material posible, xa que o xacemento parece que podería ser afectado por obras e posiblemente desapareza, razón pola que “intentaremos achegarnos este verán para salvar algunha peza máis”, avanza.

    En canto á distribución do traballo, este coordinouse desde Vigo onde trouxeron todos os fósiles recollidos para limpalos e preparalos para o estudo. “Todos participamos en maior ou menor medida en todos os apartados. Dende Vigo centrámonos máis na xeoloxía, paleoecoloxía e paleobotánica, na que tamén participou Luis Miguel Sender. Pola súa banda, André Nel e Torsten Wappler, centráronse máis no estudo dos insectos e tamén na paleoecoloxía”, detallan os investigadores do CIM.
     

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026
    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rebajas de Vigo
    Más Vigo

    Rebajas de Vigo

    Esta fotografía da testimonio de la aglomeración de gente que llenó las calles de Vigo durante los primeros días de...

    por Julio Alonso
    12 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR