• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 11 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo e o Concello abordan a posible cesión do edificio Siemens na ETEA

    A primeira xuntanza entre ambas institucións tras a reelección do reitor pecha un acordo para subvencionar o uso do auditorio Mar de Vigo para eventos universitarios
    Redacción por Redacción
    13 de Jul, 2022
    en Local
    0
    A UVigo e o Concello abordan a posible cesión do edificio Siemens na ETEA

    Imaxe da reunión mantida este mércores. / Foto: Concello de Vigo

    A posible cesión do edificio Siemens por parte da Zona Franca á Universidade de Vigo protagonizou a primeira xuntanza entre o reitor e o alcalde da cidade, Abel Caballero, tras a reelección de Manuel Reigosa á fronte da institución académica o pasado mes de maio.

    Reitor e alcalde estiveron acompañados por Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación e por Abel Losada, concelleiro de Cultura e profesor da Universidade de Vigo, nunha reunión que serviu tamén para presentar o novo equipo, “no que houbo algúns cambios e falar dos proxectos que temos en marcha”, moitos deles con presenza do Concello, explicaba Reigosa tras a xuntanza.

    O reitor quixo agradecer a “sensibilidade” de quen foi primeiro catedrático da UVigo e remarcou a transcendencia de toda unha serie de proxectos que xa están en marcha e que se concretarán a curto prazo. O alcalde, pola súa banda ofreceu, “como sempre fixen, a cooperación do Concello” e lembrou que a creación da institución académica no ano 1990 foi un revulsivo para a cidade, “hai un Vigo antes da creación da Universidade e un Vigo distinto despois e, por isto, terán e teñen toda a nosa cooperación”.

    Na liña de “reiterar, renovar e fortalecer a cooperación entre ambas entidades”, como recalcaba Abel Caballero en rolda de prensa, ademais de avanzar na posible cesión do edificio Siemens á UVigo, Caballero e Reigosa tamén abordaron outras cuestións, como o impulso da presenza da universidade na cidade, a utilización conxunta para algunhas actividades do auditorio Mar de Vigo e outras instalacións do Concello, así como de mobilidade e outras temáticas de interese universitario. “Foi unha xuntanza moi frutífera, da que estamos moi agradecidos e agardamos seguir avanzando nos temas que hoxe quedaron enriba da mesa”, salientou Reigosa, quen insistiu en que Vigo conta cunha Universidade “moi boa, que quere estar máis coa cidadanía, coa cidade e formar parte do entramado institucional que vai facer seguir medrando a esta cidade”.

    Unha nova xuntanza sobre a ETEA

    Sobre o edificio Siemens da ETEA, Caballero destacou que Zona Franca, propietaria do inmoble, “ten intención de cedelo á Universidade de Vigo, como xa lle adiantei ao reitor hai varios meses”. O tema quedou aparcado polas eleccións á reitoría da UVigo, pero unha vez rematado o proceso coa reelección de Reigosa, a vindeira semana retomaranse as negociacións e terá lugar unha xuntanza entre o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, o presidente da entidade, Abel Caballero, e o reitor e parte do equipo de goberno “para falar a fondo da cesión do edificio aos efectos da súa utilización por parte da Universidade”. O alcalde ofreceu tamén toda a colaboración do Concello no relacionado coa futura Cidade do Mar na ETEA e o traslado ou creación de dependencias da Universidade nesta zona.

    Transporte ao campus e Auditorio Mar de Vigo

    No transcurso da reunión tamén se abordaron outras liñas de colaboración entre ambas entidades. De feito, como explicaba Caballero, actualmente a “maior cooperación en termos económicos é a subvención das viaxes de autobús ao campus por parte do Concello”. O alcalde avanzou a continuidade desta colaboración, que supera o millón de euros, e a ela sumarase unha nova redución no custo do billete “pola subvención que achega o Goberno de España para o derradeiro trimestre do ano”.

    Finalmente, dende a alcaldía tamén se propuxo á Universidade a posibilidade de que o Concello costee a utilización do Auditorio Mar de Vigo para eventos que teñan que ver coa institución académica, como o Concerto de Nadal, actos de gradación ou xuntanzas “para apoiar á universidade e a súa presencia na cidade”.

    En resumo, explicaba Caballero na rolda de prensa, “fixen o ofrecemento ao reitor que en todo aquilo que vexa posible a cooperación do Concello, o poña no noso coñecemento porque eu como alcalde e, pero tamén a cidade, quere estar ao lado da UVigo”.

    43

    Tags: Abel CaballeroConcello de VigoManuel ReigosaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Las 737 viviendas que Caballero tiene «en marcha» en Vigo: esta es la realidad de las parcelas municipales
    Local

    Las 737 viviendas que Caballero tiene «en marcha» en Vigo: esta es la realidad de las parcelas municipales

    11 de Feb, 2026
    Cientos de «fochancas» colonizan la A-55: así está la lamentable y bochornosa autovía entre Vigo y Porriño
    Local

    Luisa Sánchez denuncia el «engaño masivo» de Caballero con los presupuestos del 2025: «Sin gastar 90 millones en obras y todo lleno de fochancas»

    11 de Feb, 2026
    Abre el plazo para pedir las becas para estancias lingüísticas en el extranjero
    Local

    Abre el plazo para pedir las becas para estancias lingüísticas en el extranjero

    11 de Feb, 2026
    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas
    Local

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas

    10 de Feb, 2026
    La «doble velocidad» en las obras de Navia: ya vislumbra el primer bloque de viviendas y otro, con cambios
    Local

    Ana Ortiz: «La realidad es muy terca, querido alcalde, pero la Xunta es la única que construye vivienda en Vigo»

    10 de Feb, 2026
    «Caos» en la Policía Local de Vigo: piden la cabeza de la máxima responsable
    Local

    «Caos» en la Policía Local de Vigo: piden la cabeza de la máxima responsable

    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    El reventón de un colector de pluviales, causa del socavón en la Avenida de Madrid

    Las calles de Vigo se hunden por falta de mantenimiento y reclaman a Caballero que actúe

    por Redacción
    09 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta
    Más Vigo

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta

    En esta época invernal del 2026, con intensos fríos e inacabables borrascas, a muchas personas les viene el recuerdo de...

    por Julio Alonso
    11 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR