• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Uvigo busca empresas que queiran retar o seu alumnado máis innovador

    Colmea de Ideas afronta a súa segunda edición, na que o estudantado achegará respostas aos problemas da súa contorna
    Redacción por Redacción
    05 de Jul, 2022
    en Local
    0
    A Uvigo busca empresas que queiran retar o seu alumnado máis innovador

    Cartel da iniciativa.

    O programa de innovación aberta Colmea de Ideas, posto en marcha polas vicerreitorías de Estudantado e Empregabilidade e Investigación o ano pasado, afronta a súa segunda edición e comeza xa a procura das empresas participantes. A finalidade desta iniciativa é implicar o tecido empresarial para que presente ao alumnado da Universidade unha serie de retos e desafíos aos que lle darán resposta nos seus traballos fin de grao e fin de mestrado, teses de doutoramento ou proxectos emprendedores.

    Nesta primeira fase da iniciativa ábrese a convocatoria para a participación de empresas, novas e novos emprendedores, asociacións e fundacións que, ata o 30 de agosto, poderán achegar retos abertos.  O obxectivo é incentivar o alumnado para que desenvolva proxectos que ofrezan solucións innovadoras e viables a estes desafíos, de maneira que se sintan protagonistas dun posible proceso real de innovación.

    Deste xeito, Colmea de Ideas actúa como correa de transmisión entre a empresa e a Universidade, apostando por un maior achegamento entre a comunidade universitaria e as empresas e institucións e ofrecéndolle ao alumnado de grao, mestrado e doutoramento un repositorio de ideas sobre as que orientar os seus traballos de fin de estudos. Coa asunción destes restos para os traballos fin de estudos búscase identificar o talento universitario, achegar a cultura de innovación aberta á contorna universitaria, interactuar e crear sinerxías de colaboración entre a Universidade e as entidades participantes e procurar ideas de proxectos que dean resposta ás necesidades de empresas e doutras institucións de distintos sectores.

    Na edición pasada participaron 14 empresas que presentaron ao alumnado un total de 15 retos que ían dende o sector da saúde e a biotecnoloxía, ata o eido da automatización, a industrialización ou aplicación da axenda 2030. Entre as propostas estaba a mellora da mobilidade dos traballadores do polígono de Torneiros, o deseño dun sistema de detección do nivel de toxinas ou dun arquivo intelixente que permita automatizar as descargas de arquivos adxuntos de correo en carpetas. Tamén houbo retos como a creación dun sistema de limpeza de moldes metálicos de vulcanización de produtos de goma ou dun laboratorio rural dirixido a xente nova, así como dun sistema de participación cidadá e votación en remoto ou a integración dun sistema de vending en aparcamentos, entre outros.

    Convocatoria aberta

    Nesta nova convocatoria, poden concorrer tanto empresas a título individual como agrupacións empresariais que desexen desenvolver un proxecto de I+D+i e/ou consultaría orientado a solucionar unha necesidade concreta en colaboración con estudantes da Universidade de Vigo, como novas e novos emprendedores que se atopen realizando ou vaian realizar os trámites necesarios para poder desenvolver unha actividade económica a través de calquera forma admitida en dereito, ou as que iniciasen a súa actividade nos dous anos anteriores á data de peche desta convocatoria. O programa tamén está aberto a asociacións sen ánimo de lucro de interese social, e a fundacións privadas.

    Cada entidade poderá presentar o número de retos que desexe, cubrindo o formulario en liña ao que poden acceder na web do programa. A publicación da listaxe de retos aceptados está prevista para o 9 de setembro. A partir desa data botará a andar a segunda fase do programa, a de presentación das ideas de proxectos para achegar solucións aos retos por parte do estudantado.

    Poderán inscribirse todas aquelas alumnas e alumnos matriculados nos dous últimos anos de grao, estudantes de posgrao e o alumnado de doutoramento. A presentación das candidaturas por parte do estudantado estará aberta entre o 12 de setembro do 2022 ata o 26 de maio de 2023, polo que as e os participantes terán practicamente todo o curso por diante para traballar nos seus proxectos de innovación aberta.

    Selección de proxectos gañadores

    A fase III será a de selección das ideas gañadoras e esta terá lugar a medida que vaian chegando as solicitudes, entre o 20 de setembro e o 9 de xuño en diferentes quendas: unha primeira resolución o 16 de decembro, unha segunda o 24 de marzo e a derradeira o 9 de xuño.

    Para cada un dos retos propostos nomearase unha comisión que seleccionará os e as estudantes beneficiarios e estará formado polo menos por tres persoas, que incluirá tanto representantes da entidade participante que propón o reto coma da propia Universidade. A comisión analizará as candidaturas tendo en conta a idea proposta e o nivel de innovación que presenta o proxecto, así como o seu impacto e capacidade de creación de valor económico, social, medioambiental etc. Tamén se atenderá á viabilidade e probabilidades de éxito na súa materialización; á aplicabilidade con fundamentos tecnolóxicos e científicos relacionados co reto e á motivación do estudantado e á adecuación da proposta ao reto presentado pola entidade.

    As persoas que resulten gañadoras terán a oportunidade de gozar dunha serie de beneficios que estipulará a entidade en cuestión coa que se traballe e quen poden ser prácticas extracurriculares remuneradas, un premio en metálico ou a participación nun programa de titorización para poñer en marcha o proxecto proposto.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR