• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    sábado, 25 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial

    Abrirase unha liña de investigación conxunta centrada na creación de algoritmos para o seguimento da biodiversidade
    Redacción por Redacción
    23 de Ene, 2023
    en Local
    0
    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial

    Autoridades e investigadores implicados no proxecto. / DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O convenio asinado este luns entre a Universidade de Vigo e a empresa multinacional Telespazio permitirá crear o primeiro mestrado dual dunha universidade pública en España. Esta titulación centrarase nas tecnoloxías xeoespaciais e permitirá que boa parte da formación do seu alumnado sexa de carácter práctico e se desenvolva en empresas do sector, principalmente en Telespazio.

    O acordo asinado polo reitor, Manuel Reigosa, e polo conselleiro delegado da empresa, Carlos Fernández de la Peña, permitirá tamén abrir unha liña de investigación conxunta que se centrará na definición dunha nova xeración de algoritmos para o seguimento da biodiversidade. Neste proxecto implicarase o Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas, GeoTech, do Cintecx, dirixido polos catedráticos Pedro Arias e Henrique Lorenzo.

    Ao acto deste luns, que tivo lugar no edificio Redeiras, asistiu tamén Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación e Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, xa que o convenio se encadra no programa de innovación Civil UAVs Initiative liderado pola Xunta no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, ao que a Telespazio se acaba de incorporar como empresa tractora.

    Unha pegada industrial para o futuro

    Carlos Fernández de la Pena e Manuel Reigosa asinan o convenio. / Foto: DUVI

    O conselleiro delegado da empresa, Carlos Fernández de la Peña, salientou na súa intervención que coa incorporación da empresa á Civil UAVs Initiative e coa colaboración coa Universidade de Vigo, Telespazio “asume con Galicia un compromiso a longo prazo” baseado na innovación tecnolóxica ao servizo da administración pública, no impulso ao sector aeroespacial galego e na excelencia educativa. Precisamente neste último punto é no que encadra o acordo asinado hoxe, que abre dúas vías de colaboración entre ambas entidades, a científica e a educativa. 

    A este respecto, o reitor recoñecía que ambas partes “partillamos unha visión na que aspiramos a que Galicia do futuro sexa unha sociedade próspera, desenvolvida e baseada no coñecemento e, neste contexto, o Polo Aeroespacial concita todas as condicións que finalmente foron tamén achegadas no programa Next Generation”. Reigosa amosouse satisfeito pola participación da UVigo “tanto a nivel docente como investigador e de transferencia nesta iniciativa, e de poñer “a disposición desta colaboración público-privada un dos grupos de investigación máis importantes que temos”. 

    Ademais, tanto o reitor como o conselleiro e o representante da empresa subliñaron a importancia deste tipo proxectos xurdidos no seo do Polo Aeroespacial pola capacidade que teñen de “deixar pegada industrial en Galicia e consolidar procesos a partir de ecosistemas de innovación aberta”. 

    Primeiro mestrado dual dunha universidade pública

    No acto estiveron Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación e Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación. / Foto: DUVI

    No eido educativo, a colaboración UVigo-Telespazio plasmarase no primeiro mestrado dual que oferta unha universidade pública en España, que se centrará na tecnoloxía xeoespacial. “Trátase dun programa pioneiro que, acompañado dun sistema de bolsas, permitirá a transición directa do alumnado á empresa, creando emprego directo e de calidade en Galicia e brindándolles a oportunidade de quedarse ou de desenvolver unha carreira internacional, se é o seu desexo”. Neste sentido, o responsable da empresa avanzaba que dende a compañía agardan que as e os egresados deste mestrado pronto sexan “a canteira” do centro de traballo que a multinacional acaba de abrir na Zona Franca de Vigo.

    Ambas partes están xa traballando para definir este título propio da UVigo co obxectivo de que comece a súa andaina no curso 2024/2025. Como explica o catedrático Pedro Arias, agárdase que oferte entre 10 e 15 prazas e o alumnado “pasará dous terzos das horas lectivas realizando prácticas, tanto en Telespazio como noutras compañías deste sector, o que garante unha elevada inserción laboral”. Arrancará como título propio pero a idea é transformalo en mestrado oficial.

    Este mestrado dual sumarase ao Grao dual en automoción que, como avanzaba o reitor neste acto, agardan poder presentar nun acto público nas próximas semanas. Con este tipo de titulacións duais, subliñaba Reigosa, “poñemos a disposición do talento, tanto galego como de fóra, a posibilidade de desenvolver a súa carreira profesional en Galicia; trátase de atraer talento e retelo”.

    Tecnoloxía xeoespacial no eido da biodiversidade

    Imaxe do acto. / Foto: DUVI

    A outra pata deste acordo é un proxecto de investigación baseado no uso de algoritmos para analizar imaxes de satélite e de drones co obxectivo de identificar fenómenos de carácter ambiental relacionados, por exemplo, coa liña de costa, os ecosistemas fluviais, o impacto do crecemento das cidades na contorna, etc. Como explicaba o responsable de Telespazio no acto, “á diferencia das imaxes dos satélites, que observan a Terra cun nivel de detalle que é insuficiente para determinadas aplicacións. Cando queremos ver a terra ou o mar con máis detalle temos que voar máis de preto, e aí é onde entran os drones como elementos que transportan cámaras, toman imaxes e consiguen complementar os satélites».

    A información que obteñen estes vehículos autónomos non tripulados, tanto imaxes como información espectral ou de radar máis sofisticada, reunida coa satelita, permite extraer conclusións sobre a evolución da biodiversidade. Así, os investigadores implicados neste proxecto traballarán “nunha nova xeración de algoritmos” que permitan analizar toda esa información obtida tanto polos UAVs como polos satélites para extraer conclusións neste eido.

    O da biodiversidade “é un campo moi amplo”, recoñecía Fernández de la Peña, e unha das aplicacións máis sofisticadas desta tecnoloxía é a que están desenvolvendo dende a empresa no campo da acuicultura, en concreto, para a monitoraxe do cultivo do mexillón e do percebe. No que se refire ao proxecto coa UVigo, os focos de traballo dependerán “das prioridades da Xunta de Galicia”, xa que nun contexto de cambio climático “o estudo da evolución da biodiversidade axudará ás institucións a tomar as decisións adecuadas para a súa preservación, porque este proxecto, por riba de todo, ten que ver coa herdanza que imos deixar aos nosos fillos”.

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional
    Local

    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional

    24 de Mar, 2023
    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia
    Local

    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia

    22 de Mar, 2023
    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3
    Local

    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3

    21 de Mar, 2023
    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología
    Local

    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología

    17 de Mar, 2023
    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus
    Local

    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus

    16 de Mar, 2023
    Investigadores da UVigo participan nun proxecto europeo para mellorar a seguridade das comunicacións
    Local

    Investigadores da UVigo participan nun proxecto europeo para mellorar a seguridade das comunicacións

    15 de Mar, 2023

    Más Vistos

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    por Redacción
    20 de Mar, 2023
    0

    Más de 1.000 personas alquilan las ‘powerbank’ para móviles en Vialia Vigo, que instala una pantalla gigante

    Más de 1.000 personas alquilan las ‘powerbank’ para móviles en Vialia Vigo, que instala una pantalla gigante

    por Redacción
    23 de Mar, 2023
    0

    El nuevo Centro de FP de Ourense y viviendas de Vigo y Santiago, entre los premiados por el Colexio de Arquitectos

    Casa Tomada de Vigo, la mejor vivienda del año para el Colexio de Arquitectos de Galicia

    por Redacción
    18 de Mar, 2023
    0

    Jardines desconocidos de Vigo

    Jardines desconocidos de Vigo

    por Julio Alonso
    21 de Mar, 2023
    0

    La Gran Vía de Vigo estrena rampas mecánicas, suelo que genera energía y acera con pantalla LED

    por David Lorenzo
    24 de Mar, 2023
    0
    La Gran Vía de Vigo estrena rampas mecánicas, suelo que genera energía y acera con pantalla LED
    Local

    La Gran Vía de Vigo ya tiene en marcha las rampas mecánicas que conectan la avenida entre el cruce con la

    Leer mas

    Nuevo concierto para este verano en Castrelos: David Bisbal regresa a Vigo cuatro años después

    por David Lorenzo
    24 de Mar, 2023
    0
    Nuevo concierto para este verano en Castrelos: David Bisbal regresa a Vigo cuatro años después
    Música

    Segundo concierto confirmado para el cartel de Castrelos 2023. David Bisbal se suma a Pablo López en la lista de

    Leer mas

    Triple escala de la suerte en Vigo: tocan dos primeros premios de Lotería Nacional y un segundo de La Primitiva

    por Redacción
    24 de Mar, 2023
    0
    Triple escala de la suerte en Vigo: tocan dos primeros premios de Lotería Nacional y un segundo de La Primitiva
    Local

    El azar hizo una parada en Vigo este jueves por la noche para regar de dinero tres puntos diferentes de

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR