• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 16 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Universidade de Vigo fixa en 3.629 o límite de prazas de grao para o vindeiro curso

    O total de prazas aprobadas inclúen as correspondentes ás catro novas titulacións de Intelixencia Artificial, Relacións Internacionais, Deseño e á mención dual de Enxeñaría de Automoción
    Redacción por Redacción
    05 de Abr, 2022
    en Local
    0
    A Universidade de Vigo fixa en 3.629 o límite de prazas de grao para o vindeiro curso

    Miguel Ángel Michinel, Manuel Reigosa e Manuel Ramos na sesión deste martes. / Foto: UVigo

    A sesión ordinaria de Consello de Goberno celebrada este martes aprobou por asentimento fixar en 3.629 o límite de prazas de grao que a UVigo ofertaría o vindeiro curso 2022-20223 nos seus tres campus. O total de prazas aprobadas inclúen as correspondentes ás catro novas titulacións dos graos en Intelixencia Artificial (50), Relacións Internacionais (22), Deseño (45) e á mención dual de Enxeñaría de Automoción (20), cuxa implantación para o curso que vén non está garantida, ao estar afectados polo Real Decreto aprobado polo Goberno Central en outubro do ano pasado que regula, entre outras cuestións o procedemento de verificación e autorización de novas titulacións oficiais e que introduce novas condicións para poder impartir un novo título.

    Así mesmo, a relación de prazas non inclúe nin as do Grao en Enxeñaría Mecánica que se imparte no Centro Universitario da Defensa de Marín, que se fixan mediante un decreto do Ministerio de Defensa, nin as do Grao en Administración e Dirección de Empresas que impartía IESIDE como centro adscrito, logo da desascrición deste, a raíz da creación da Universidade Intercontinental da Empresa.

    Na sesión de hoxe, na que tamén se deu luz verde a un límite de 1820 prazas de mestrado para o curso que vén, aprobáronse as planificacións docentes anuais (PDA) das titulacións de grao e mestrado para o vindeiro curso, así a normativa para a regulación dos concursos de PDI con cargo a proxectos, axudas, grupos e convenios de investigacion e transferencia do coñecemento, as convocatorias de axudas propias para investigación da UVigo para este ano e as accións estratéxicas de investigación para o período 2023-2025.

    Pola súa banda, o reitor, no seu informe, trasladou o pesar da comunidade universitaria á familia do alumno de Escola de Minas e Enerxía Antón Couso, falecido a pasada fin de semana nunha rúa de Vigo logo de sufrir unha caída que lle produciu graves feridas das que non puido recuperarse. Na súa intervención, o reitor deu conta ademais, entre outros asuntos, da evolución dos contactos cos ministerios de Ciencia e Innovación e Universidades en relación cos contratos do persoal investigador relativos ao artigo 83 da Lomlou, para sinalar que tanto Diana Morant, como Joan Subirats avanzaron o adianto de medidas para a contratación de investigadores previstas na Ley de la Ciencia, así como que os contratos non consumirán taxa de reposición e non precisarán aprobación previa.

    Catro titulacións pendentes

    Aínda que, segundo o vicerreitor de Ordenación Académica de Profesorado, Manuel Ramos, “non existe garantía do comezo dos novos títulos de grao, que están en diferentes etapas de tramitación”, o Consello de Goberno da UVigo aprobou na súa sesión de hoxe o límite de prazas para as 62 titulacións de grao que se impartirían no curso 2022-2023 nos tres campus da UVigo. Esta relación inclúe os novos graos en Intelixencia Artificial, Relacións Internacionais, Deseño e á mención dual de Enxeñaría de Automoción, que están afectados polo Real Decreto aprobado o 19 de outubro polo Goberno Central e que regula, entre outras cuestións, o procedemento para a verificación e autorización de novas titulacións oficiais, introducindo novas condicións para poder comezar a impartir un novo título.

    “O decreto cambia toda a parte procedimental e a documentación necesaria, sen que ningunha disposición transitoria permitirse seguir o proceso pola norma pola que se comezou para as solicitudes en marcha”, explica Manuel Ramos, que advirte que “de non producirse algunha relaxación dos criterios establecidos polo novo decreto, como estamos a pedir as universidades e a Xunta, non chegarían a tempo para o curso que vén”. Aínda así, e de mutuo acordo coa administración autonómica, acordouse enviar estas titulacións para a súa aprobación, aprobando hoxe en Consello de Goberno o seu límite prazas.

    La nueva sede de la UVigo en O Berbés, seleccionada para competir en los premios nacionales de arquitectura

    Á espera do que finalmente ocorra con estas catro novas titulacións de grao, a relación de límites de prazas para o vindeiro curso contempla, respecto deste curso, reducións  de 10 prazas no Grao en Turismo e de 20 e 4 prazas, respectivamente, nos graos en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e Enxeñaría Biomédica. Así mesmo, aparece na relación, aínda que en principio non se solicitarían a menos que o faga outra universidade do SUG ao tratarse de titulacións repetidas, un incremento de tres prazas no Grao en Enxeñaría Informática e de 10 no Grao en Dereito.

    “A proposta de variación de prazas fana os centros e basicamente teñen que ver coa adecuación da oferta á demanda de matrícula”, sinala Ramos. Por outra banda, a relación de prazas aprobada este martes no inclúe nin as do Grao en Enxeñaría Mecánica que se imparten no Centro Universitario da Defensa de Marín, que se fixan mediante un decreto do Ministerio de Defensa, nin as do Grao en Administración e Dirección de Empresas que impartía IESIDE como centro adscrito, logo da desascrición deste, a raíz da creación da Universidade Intercontinental da Empresa. Neste curso 2021-2022 ofertáranse 3.789 prazas de grao.

    No caso dos títulos de mestrado, a oferta de prazas para o curso que vén ascende a 1.820 e inclúe os novos másteres en Desafíos das Cidades Atlánticas, en Intelixencia Artificial, Enxeñaría Biomédica, Exercicio Terapéutico e Funcional en Fisioterapia, Ensinanza do Español como lingua estranxeira ou segunda lingua e Enxeñaría Aeronáutica. No presente curso a oferta de prazas de máster ascendeu a 1.749.

    Plan de promoción do profesorado

    Outro dos asuntos aprobados hoxe na sesión de Consello de  Goberno foi a convocatoria do Plan de promoción do profesorado asociado acreditado para o vindeiro curso, unha oferta que o equipo de goberno realizara hai tres anos, cumprindo cun compromiso electoral, e que se repetiu o ano pasado. “Con esta nova edición pretendemos normalizada como unha convocatoria de carácter anual á que se dedique unha porcentaxe (arredor do 15%) do total de prazas de axudante doutor que se saquen cada ano”, explica o vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, que confirma que desta volta se convocan un total de cinco prazas.

    UVigo e Inventiva alíanse para desenvolver o talento de nenas e nenos con altas capacidades

    Ademais da aprobación das planificacións docentes anuais (PDA) para titulacións de grao e mestrado para o curso que vén, cuns criterios que manteñen os dos últimos anos, na sesión de hoxe tamén se deu luz verde á Normativa para a regulación dos concursos de PDI con cargo a proxectos, axudas, grupos e convenios de investigacion e transferencia do coñecemento. Con esta normativa regúlanse os concurso de prazas de persoal investigador que se desenvolveu e negociou con urxencia ao ser unha das consecuencias da Reforma Laboral. “

    Dado que agora pasaremos a utilizar contratos indefinidos para o persoal investigador, facíase necesario dispor dun procedemento de contratación con garantías de publicidade e transparencia, que garanta os principios de igualdade, mérito e capacidade”, explica Manuel Ramos, sobre esta normativa totalmente nova, xa que ata o de agora, non existía unha regulamentación completa para a contratación de persoal investigador, senón que se regulaba en cada unha das convocatorias concretas. “Finalmente acadouse un acordo por asentimento na mesa de negociación do PDI, tras dúas sesións, polo que penso que é unha normativa beneficiosa para os traballadores e para a propia Universidade”, sinala o vicerreitor.

    Axudas propias

    A convocatoria de axudas propias de investigación para este ano foi outra das cuestións aprobadas hoxe polo Consello de Goberno. A convocatoria introduce varias novidades, como a creación dunha nova modalidade do contrato programa para aqueles grupos que non puideron presentarse á convocatoria de consolidación deste ano por un cambio de criterio (sen previo aviso) da Xunta na data de creación do grupo. “Tamén, por primeira vez, podemos distribuír os fondos entre varios tipos de axudas, de tal xeito que se sobran cartos nunha, pero quedan persoas en lista de agarda de outras (sen fondos), pódense utilizar os da anterior. Tamén se retoma a de visitas de investigadores/as que se cancelara o ano pasado pola covid”, detalla Belén Rubio, vicerreitora da Investigación.

    Zona Franca y UVigo renuevan su alianza en investigación económica a través de la Cátedra Ardán

    Os membros do Consello aprobaron hoxe as Accións Estratéxicas de Investigación, que substitúe ao anterior Programa Soporte. “O obxectivo principal é proporcionar un escenario máis estable no financiamento dos grupos, institutos ou centros de investigación e posibilitar o mantemento das actividades de investigación máis aló do peche do exercicio económico ou da duración do contrato o proxecto”, detalla Rubio.

    Entre as súas vantaxes atópanse a rebaixa do mínimo para poder participar (pasa de 8.000 a 5.000 euros), o que permite que mais grupos se poidan beneficiar desta utilidade; incluír como posible gasto as retribucións ao PDI, que antes non estaba contemplado; poder solicitalo en calquera momento do ano, cando se contemple a necesidade, algo que antes estaba só en novembro e que non exista unha obriga de gasto. “En definitiva, é un xeito de axudar a facer un gasto mais lóxico e sensato a final de ano e non estar ata mediados do ano seguinte sen ter dispoñibilidade. O programa dura tres anos, sendo  prorrogable un máis. Algo similar a como estaba o programa soporte, que este ano 2022 prorrogamos e xa remataba”, explica a vicerreitora. 

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»
    Local

    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»

    07 de Ago, 2025
    A UVigo recupera posicións no ránking de Shanghai, situándose entre as 600 mellores universidades do mundo
    Actualidad

    El Colegio de Médicos de Pontevedra cuestiona la calidad de la enseñanza en Santiago y apoya la demanda de Vigo

    07 de Ago, 2025
    Nuevo mitin de Caballero en el pleno de Vigo, donde se logró unanimidad sobre la facultad de Medicina
    galicia

    La Xunta inyecta 20,7 millones para fortalecer la I+D en las universidades gallegas

    04 de Ago, 2025
    La Xunta propone descentralizar el Grado de Medicina
    Local

    La Xunta propone descentralizar el Grado de Medicina

    01 de Ago, 2025
    La UVigo recibirá una ayuda de 7,5 millones para fortalecer su área de fotónica
    Local

    La UVigo recibirá una ayuda de 7,5 millones para fortalecer su área de fotónica

    31 de Jul, 2025
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Sanidade anuncia que la Universidades de Vigo y A Coruña podrán adscribir hospitales de toda Galicia

    29 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vía libre para derribar y rehabilitar un edificio en el centro de Vigo en el que se ganarán dos nuevos dúplex

    Vía libre para derribar y rehabilitar un edificio en el centro de Vigo en el que se ganarán dos nuevos dúplex

    por Redacción
    09 de Ago, 2025
    0

    La Xunta sentencia: confirma a Caballero por carta (como reclamaba) la financiación del túnel de Elduayen

    La Xunta sentencia: confirma a Caballero por carta (como reclamaba) la financiación del túnel de Elduayen

    por Europa Press
    07 de Ago, 2025
    0

    El Concello de Vigo da un nuevo paso para cambiar (y acristalar) la deteriorada torre de Praza do Rei

    El Concello de Vigo da un nuevo paso para cambiar (y acristalar) la deteriorada torre de Praza do Rei

    por Redacción
    08 de Ago, 2025
    0

    Restablecida la circulación de trenes en Galicia bloqueados por los incendios

    Restablecida la circulación en las autovías AG-53 y A-52 y la carretera N-525 tras los cortes por incendios

    por Europa Press
    13 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El nuevo parque Camilo José Cela
    Más Vigo

    El nuevo parque Camilo José Cela

    El parque Camilo José Cela, ubicado entre la Rúa Torrecedeira y la Rúa Pi y Margall, de la ciudad de...

    por Julio Alonso
    12 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    El eterno problema de la portería del RC Celta
    Opinión

    El eterno problema de la portería del RC Celta

    Se está hablando estos días en la prensa deportiva viguesa de si la portería celeste produce dudas en la afición...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR