• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Universidade de Vigo edita un calendario humorístico contra os prexuízos cara ao galego

    O artista gráfico Kiko da Silva encargouse de dar forma a un almanaque con 12 viñetas cargadas de retranca
    Redacción por Redacción
    28 de Dic, 2017
    en Local
    0
    A Universidade de Vigo edita un calendario humorístico contra os prexuízos cara ao galego

    Unha ferramenta á que o reitor Salustiano Mato, tal e como recolle o Diario da Universidade de Vigo (Duvi) se refire como “un dos mellores vehículos para potenciar o noso idioma, do que nos sentimos tremendamente orgullosos” e tamén para “ridiculizar os múltiples snobismos que seguen a existir a día de hoxe arredor do seu uso”, insistiu Mato, quen aproveitou para agradecer a “inestimable axuda” de Luis Davila e Kiko da Silva para levar a cabo este proxecto.

    Mantendo o lema ‘Na Universidade, en galego. Sen prexuízos’, a ANL volve apostar polo formato dun calendario de parede no que cada páxina é un mes de 2018 e, en cada unha delas, o ilustrador gráfico Kiko Da Silva, introduce unha viñeta na que a través do humor e a retranca presenta diferentes situacións cargadas de prexuízos sobre a lingua e se achegan recursos e estima para superalos.

    “Trátase de empregar a gracia, o humor e a retranca para chegar á xente e darlle armas coas que loitar contra ese tipo de situacións que xa deberían estar superadas”, explica Paulo Cabral, director da ANL, quen se amosou tremendamente satisfeito polo éxito que tivo o calendario de 2017.

    “A idea é repetilo de algunha maneira, polo que volvemos apostar por un humorista galego de renome, neste caso Kiko da Silva”, recalca Cabral, quen adianta que, nesta ocasión, se editaron 500 exemplares máis ca en 2017, facendo un total de 2.000, que serán enviados ás secretarías e decanatos das distintas escolas, facultades e departamentos. A maiores, todas as persoas que estean interesadas poden descargalo en formato pdf na web da ANL.

    Humor que fai cavilar
    “Un reto que impón, pero que tamén ilusiona”. Así acolleu Kiko da Silva o encargo da Universidade para facerse cargo do calendario de 2018. “Desde o principio tiven claro que o mellor era empregar unha das fórmulas que ten o noso idioma para comunicar, a retranca”, explica o autor das viñetas de 2018, ao tempo que fai fincapé na importancia de “empregar o humor non só como fin de facer rir, senón de facer pensar e cavilar sobre a sociedade na que vivimos”.

    Á hora de sentarse a traballar admite que o lle resultou máis complexo foi dar un abano tan amplo de ideas arredor dun mesmo tema e facelo de xeito distinto a como fixo en 2017 “o amigo e mestre Luis Davila”.

    “Lamentablemente segue habendo moitas problemáticas arredor do galego, pero tratalo desde puntos de vista distintos, sobre todo xeracionais, é o máis complexo”, recalca Da Silva, ao tempo que sinala que o habitual é que o humorista gráfico faga humor desde o seu propio punto de vista, “pero é máis complexo cando intenta trasladalo a distintos graos da sociedade xa que, non es ti o que está a analizar a situación actual, senón que estás tentando trasladar distintos tipos de persoas da sociedade, tanto galego como castelán falantes”.

    O ilustrador gráfico aproveita tamén a súa participación neste calendario universitario para agradecerlle á Universidade “a oportunidade que nos está a dar aos humoristas gráficos para reivindicar a utilización cotiá do humor, máis aló da política, como unha arma máis de defensa cara as agresións do exterior”.

    Doce meses, doce temáticas e múltiples estereotipos a derrubar
    Desde o mestre que fala ‘un gallego muy cerrado’ á lubina e gallo que non saben como cando eran robaliza e rapante; desde o home que non fala o galego “porque no te lo sé hablar bien” á moza á que de nena non lle falaron galego por prexuízos e cando chega á universidade ‘namora del’… 

    Desde xaneiro a decembro, 12 meses, 12 temáticas, 12 ideas nas que pensar e outros tantos estereotipos que derrubar.

    43

    RelacionadosArtículos

    Una viguesa, al frente de las finanzas en España de la popular compañía sueca Ikea
    Economía

    Una viguesa, al frente de las finanzas en España de la popular compañía sueca Ikea

    09 de Feb, 2026
    Vigo decreta cierres preventivos y restricción de accesos ante la llegada de Leonardo
    Actualidad

    No hay tregua: alerta naranja por lluvias, esperando acumulados superiores a los 80 litros/m2

    09 de Feb, 2026
    El furor por los automóviles chinos no tiene techo: en apenas dos años triplican su presencia en Vigo
    Motor

    El furor por los automóviles chinos no tiene techo: en apenas dos años triplican su presencia en Vigo

    09 de Feb, 2026
    Gran Vía de Vigo se especializa en moda masculina con el desembarco de Núñez de Arenas
    Local

    Gran Vía de Vigo se especializa en moda masculina con el desembarco de Núñez de Arenas

    09 de Feb, 2026
    Vigo inicia un nuevo desarrollo urbanístico con zona comercial, espacios verdes y viviendas
    Local

    Vigo inicia un nuevo desarrollo urbanístico con zona comercial, espacios verdes y viviendas

    09 de Feb, 2026
    El fenómeno mundial que aterriza en el Galicia Fest para una noche de ‘flow’ irrepetible
    Música

    El fenómeno mundial que aterriza en el Galicia Fest para una noche de ‘flow’ irrepetible

    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR