• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Asistiron á presentación máis dun cento de investigadoras e investigadores dos tres campus

    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia

    Con información sobre 1.395 investigadores e investigadoras, 169 grupos, 53.402 publicacións, 3.050 teses... 
    Redacción por Redacción
    22 de Mar, 2023
    en Local
    0
    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia

    Presentación do Portal da Investigación. Foto: Universidade de Vigo

    A Universidade de Vigo conta cun novo Portal da Investigación, un único sitio web desde o que explorar a súa estrutura da I+D+i, localizar especialistas  e acceder aos resultados de toda a actividade científica e de transferencia da institución académica viguesa. O proxecto presentouse no mes de xaneiro, de xeito presencial na sala 1 do edificio Miralles e virtual a través de Campus Remoto, da man do reitor, Manuel Reigosa; a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio; o director da Biblioteca Universitaria, Gerardo Marraud, e a xefa da Área de Servizos Bibliométricos, Sonsoles Pousa. Todos fixeron fincapé en que esta nova ferramenta xurde co obxectivo de axudar a difundir, dar visibilidade e transferir á sociedade os resultados das actividades de investigación que se levan a cabo na UVigo.

    “Esta é unha ferramenta que vai ser moi útil a nivel interno, para identificar plenamente cada un dos investigadores, grupos etc, pero tamén externamente, tanto para atopar socios de maneira moito máis doada, como para facer visible o que somos e o que facemos”, recalcou Reigosa, quen aproveitou para lembrar que, “Vigo é unha moi boa universidade, que está dentro do 5 % das mellores universidades do mundo e que vai camiño de situarse entre as 500 mellores”. Nesta liña, e aproveitando a presenza na presentación de máis dun cento de investigadoras e investigadores dos tres campus, lembrou o compromiso do seu equipo de goberno de incrementar a partida de produción científica, algo que, segundo indicou, xa se produciu nun 10 % este ano e que, cada ano, volverá ter novas subidas. 

    Posto en marcha desde a Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación coa colaboración da Fundación Dialnet e a axuda da Biblioteca Universitaria e dos servizos informáticos, no novo portal recóllese e mantense actualizada a actividade investigadora dos grupos de investigación e das investigadoras e investigadores cos que conta a universidade, amosando para cada un deles o seu perfil e indicadores bibliométricos e de colaboración. Ademais, segundo se explicou na presentación, permite localizar persoal experto nun campo de investigación e, entre outros servizos, facilita o acceso ás publicacións, impulsa o acceso aberto e posibilita a elaboración de informes e a exportación dos resultados en distintos formatos.

    Portal da Investigación. Foto: Universidade de Vigo

    Belén Rubio: “É un portal personalizado ao aspecto da institución”

    “É un portal personalizado ao aspecto da institución, que permite mostrar ao exterior a produción do persoal investigador, o escaparate cara ao exterior da investigación e transferencia da UVigo”, subliñou a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, ao tempo que fixo fincapé en que Dialnet se actualiza de maneira automática e recolle as publicacións de distintas fontes de datos (Scopus, Wos, Dialnet etc.), o que facilita que o persoal investigador non teña que estar introducindo os datos continuamente. Ao mesmo tempo, dá a posibilidade de que os investigadores xestionen ao seu xeito a información relativa ao seu perfil persoal (biografía, foto etc). Por outra banda, incorpora indicadores de calidade científica, co que se pode coñecer o número de citas de cada artigo, cuartil no que se atopa etc. “Isto é algo que pode axudar moito ao persoal investigador a preparar as peticións, por exemplo, dos sexenios de investigación”, explicou a vicerreitora.

    Entre as principais vantaxes do novo portal destaca tamén, tal e como indicou Rubio, a posibilidade de visualizar a información por grupos de investigación, centros etc., así como a opción de consultar para un único investigador ou investigadora toda a súa produción histórica en artigos, libros, capítulos de libros, achegas de congresos, patentes, teses, tribunais de teses… Ademais, segundo apuntou, entre outros múltiples aspectos, permite por exemplo visualizar nun mapa os países cos que máis colabora cada investigador. 

    Consultas rápidas sobre grupos, investigadores/as, publicacións…

    Durante a xornada fíxose unha presentación de como manexar e moverse polo portal. Encargouse de realizar esta presentación a xefa da Área de Servizos Bibliométricos Sonsoles Pousa, que foi detallando todos os contidos e posibilidades do novo portal. Tal e como explicou, o portal está vertebrado en tres grandes apartados: grupos, investigadores/as e resultados. A maiores, na portada, preséntanse cifras globais que tratan de facer un resumo do contido do portal: 1.395 investigadores/as, 169 grupos, 53.402 publicacións, 3.050 teses, 17.245, “cifras que están en constante actualización”, e toda unha serie de enlaces de interese (biblioteca, guía de axuda, dúbidas frecuentes…).

    No apartado dedicado aos grupos de investigación pode accederse aos mesmos a partir dos centros de investigación, os campus ou os departamentos, e o mesmo acontece para os investigadores/as, incluíndose tamén neste caso a selección por escolas e facultades así como por áreas de coñecemento, ademais dun buscador. Na páxina dedicada a cada un dos investigadores/as inclúense os datos máis significativos que definen a súa traxectoria investigadora (publicacións, colaboracións, teses, patentes e indicadores), así como un resumo do seu perfil persoal, incluíndo o correo electrónico. Preséntanse as publicacións organizadas por orde cronolóxico e por tipoloxías documentais, as tese de doutoramento que dirixiu e aquelas nas que formou parte do tribunal, as patentes, e outros indicadores como as citas nas diferentes fontes de datos e os documentos máis citados.

    No caso do apartado de Resultados pode accederse a seis tipos de información: publicacións contidas no portal, dividas por tipos (artigos, libros, capítulos de libros…); publicacións de acceso aberto, teses defendidas na UVigo, redes de colaboración, patentes e indicadores globais (citas recibidas en Scopus, Dialnet Métricas, Web of Science, revistas nas que se publica…).

    43

    Tags: investigaciónUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España
    Local

    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España

    10 de Feb, 2026
    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Hospital Ribera Povisa.
    Local

    El Sergas investiga si Povisa cumple con los pliegos del contrato de servicios

    29 de Ene, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El ascensor de las sorpresas
    Más Vigo

    El ascensor de las sorpresas

    Las personas que habitualmente utilizan este ascensor ya han perdido la cuenta del número de averías desde su inauguración. Se...

    por Julio Alonso
    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR