• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 11 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Universidade de Vigo dá a benvida ao alumnado de novo ingreso cunhas xornadas maioritariamente presenciais

    Desenvolveranse nos tres campus entre o 14 e o 23 de setembro e servirán para informar das titulacións, das facultades e das escolas
    Redacción por Redacción
    14 de Sep, 2020
    en Local
    0
    A Universidade de Vigo dá a benvida ao alumnado de novo ingreso cunhas xornadas maioritariamente presenciais

    Co inicio do novo curso académico, os centros da Universidade de Vigo prepáranse para recibir ao seu alumnado. Para acoller ás e aos estudantes que por primeira vez entrarán nas súas aulas, facultades e escolas celebrarán do 14 ao 23 de setembro diferentes xornadas de benvida destinadas ao alumnado matriculado en primeiro curso. Adaptados para dar cumprimento ás medidas de loita contra o coronavirus, a maioría destes actos terán un carácter presencial e permitirán ás e aos asistentes coñecer de primeira man a contorna académica onde se formarán. 

    Segundo explican dende a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da UVigo, a situación provocada pola pandemia fixo este ano imposible a celebración dunha benvida como a que tivo lugar o pasado curso, que reuniu nunha xornada lúdica en cada campus ao alumnado de novo ingreso dos diferentes centros. Así, detallan, este ano cada escola e facultade organiza a xornada de benvida ao seu alumnado, elixindo entre formato virtual e presencial, e artellando os grupos e as persoas que interveñen respectando as medidas de seguridade e aforo permitidos segundo a normativa vixente. Para cumprir estas medidas, a maior parte dos centros celebrarán estas xornadas en diversas quendas de estudantes e nalgúns casos en varios días.

    Nas sesións que se celebrarán, as e os asistentes recibirán información sobre as súas titulacións, sobre os centros nos que desenvolverán a súa vida académica e sobre a propia Universidade de Vigo. A Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria apoiará cada un destes eventos presenciais con mesas informativas nas que se entregará material de promoción, no que se inclúe unha máscara, e facilitando o acceso electrónico a través de paneis con código QR “a toda a información que poida precisar toda persoa que entra a formar parte da comunidade universitaria da UVigo”. O alumnado, convocado polos centros a través do correo electrónico a estes actos de benvida, pode consultar a información sobre as xornadas de benvida nas páxinas web das súas respectivas escolas e facultades.

    As xornadas arrancan este luns 14 de setembro. No campus de Vigo todas serán presenciais. Iniciaranse o día 14 na Escola de Enxeñaría Industrial e continuarán o día 15 nesta mesma escola, en Enfermaría, en Química e en Ciencias Económicas e Empresariais. O mércores 16 será a quenda de Bioloxía, Enxeñaría de Telecomunicación e Ciencias Xurídicas e do Traballo, repetindo este último centro o acto o xoves 17. Tamén o día 17 terá lugar a benvida de Minas e Enerxía. Ciencias do Mar e Filoloxía e Tradución recibirán ás e aos estudantes de novo ingreso o luns 21 e a Escola Universitaria de Estudos Empresariais o mércores 23. No campus de Vigo haberá un reforzo dos autobuses de subida e baixada ao campus durante os días 15 e 16 entre as 09.00 e 10.00 horas e sobre as 13.00 horas.

    No campus de Pontevedra os actos iniciaranse tamén este luns 14 de setembro, tendo lugar de xeito presencial en Fisioterapia, Enfermaría e Belas Artes. Neste mesmo campus, a actividade continuará o mércores 16 coa benvida virtual ao novo alumnado de Ciencias da Educación e do Deporte e o día 21 cunha xornada virtual para os novos estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación e cunha xornada presencial para os de Enxeñaría Forestal.

    Xa no campus de Ourense, os actos comezarán este luns 14, cando a Facultade de Dereito dea de xeito virtual a benvida ás e aos estudantes de primeiro curso. Seguiranlle o día 17, neste caso de xeito presencial, Historia, Educación e Traballo Social e Ciencias, e o día 18 Enxeñaría Informática, de xeito presencial, e Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, de xeito virtual. A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo pechará os actos de benvida neste campus o luns 21 de setembro.

    43

    Tags: UVigo

    RelacionadosArtículos

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones
    Local

    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones

    22 de Dic, 2025
    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio
    Local

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio

    19 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    Un parking del centro de Vigo se suma a las rebajas: podrás aparcar medio día por menos de 5 euros

    Un parking del centro de Vigo se suma a las rebajas: podrás aparcar medio día por menos de 5 euros

    por Redacción
    08 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La necesaria coordinación de los aeropuertos gallegos
    Más Vigo

    La necesaria coordinación de los aeropuertos gallegos

    Hace años que el aeropuerto de Peinador se enfrenta a una variada y espinosa competencia: por una parte, los demás...

    por Julio Alonso
    10 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ
    Libros

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Fátima Rodríguez Carrera logrou o segundo premio do I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ co seu relato «Pequeno busca fogar»....

    por Redacción
    11 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR