• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 14 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A taxa de matriculación de novo ingreso nas titulacións de grao da UVigo acada o 99%

    O número total de estudantes matriculados en todas as titulacións para este curso supera os 18.500
    Redacción por Redacción
    19 de Oct, 2022
    en Local
    0
    A taxa de matriculación de novo ingreso nas titulacións de grao da UVigo acada o 99%

    Manuel Reigosa e Natalia Caparrini presentaron os datos de matrícula da UVigo. / Foto: DUVI

    O 99% das prazas de novo ingreso en titulacións de grao que a Universidade de Vigo ofertou este curso 2022-23 quedaron cubertas, acadándose a cifra de 3667 estudantes matriculados, dos que 1.934 son mulleres e 1.733 homes. O campus de Ourense cun 101%  de ocupación e 1.021 matriculados é o que maior taxa de ocupación logrou, seguido dos de Vigo (1.938 matriculados)  e Pontevedra (708), nos que se rexistrou un 98% de taxa de ocupación. Respecto do curso pasado, a UVigo incrementou a súa taxa de ocupación en matriculacións de novo ingreso en titulacións de grao nun 1%, pasando do 98% de 2021-22 ao 99% de 2022-23.

    En canto ao dato global de matrícula, que inclúe todos os cursos dos graos, así como mestrados e  programas de doutoramento, cuxa matrícula aínda non está pechada, neste curso 2022-23 o número de alumnos e alumnas que estudan nos tres campus da Universidade de Vigo sitúase en 18.577 (9.904 en Vigo, 4.677 en Ourense e 3.905 en Pontevedra), unha cifra á que cómpre engadir o alumnado do Programa de maiores, que acada os 432, dos que 233 cursan estudos no campus de Vigo, 100 en Ourense e 99 en Pontevedra.

    O reitor, Manuel Reigosa, e a vicerreitora de Estudantes e empregabilidade da UVigo, Natalia Caparrini, foron os encargados este mércores de presentar e avaliar os datos de matrícula que a institución académica viguesa está a presentar este curso e que Reigosa cualificou de “satisfactorios”, asegurando ademais que “subliñan que vivimos unha situación favorable nunha contorna desfavorable” por mor do descenso demográfico. O reitor destacou como unha das claves dos bos resultados acadados na matrícula de novo ingreso dos graos  o elevado interese que suscitaron as novas titulacións implantadas no campus de Ourense, Relacións Internacionais e Intelixencia Artificial, ao tempo que manifestou a súa expectativa en que poida ocorrer o mesmo o curso que vén coa implantación dos graos en Enxeñaría da automoción en Vigo e de Deseño en Pontevedra.

    Iso si, Reigosa asegurou que cómpre seguir a mellorar os datos rexistrados na matrícula de mestrado e doutoramento a través da atracción de alumnado estranxeiro, que agarda se materialice a través da negociación que están a desenvolver as tres universidades para solicitar á Xunta que facilite a chegada de alumnado dos países de América Latina, a través dun proceso de admisión especial e con prazas adicionais, que non diminuirían a oferta actual. Así mesmo, o reitor, expresou a súa confianza no éxito da candidatura presentada por Athena, e da que a UVigo forma parte, “que pode incrementar o número de alumnado europeo, pero tamén o chegado de Asia”, sinalou Reigosa, que lembrou que a captación de estudantado estranxeiro segue a ser unha eiva de toda a universidade española.

    “Os datos indícannos que as cousas se fan ben e temos este recoñecemento” dixo o reitor, que non se amosou preocupado pola taxa de ocupación acadada na primeira matrícula dos graos con menor demanda nos tres campus: Enxeñaría dos recursos mineiros e enerxéticos e Filoloxía aplicada en galego e español en Vigo; Enxeñaría agraria en Ourense e Enxeñaría forestal de Pontevedra. Reigosa indicou que se segue a traballar nestas titulacións, algunha das cuais podería pasar a ser interuniversitarias e pediu “ir a modiño”, asegurando que “creo que agora non hai ningunha titulación en risco de desaparecer”, ao tempo que manifestou a sua estrañeza porque algunhas destas titulacións con menor demanda, teñan, non obstante, pleno emprego para os e as súas egresadas.

    Matrícula de novo ingreso nas titulacións de grao

    3.709 prazas de novo ingreso (1.974 en Vigo, 1.015 en Ourense e 720 en Pontevedra) en 62 titulacións de grao, sen incluír ás do Centro Universitario da Defensa, ofertou este curso 2022-23 a Universidade de Vigo. Delas, 3.667 quedaron cubertas, o que sitúa a taxa de ocupación no 99%, sendo o campus de Ourense cun 101% (1.021 prazas cubertas) o que maior taxa acadou, seguido dos de Vigo (1.938) e Pontevedra cun 98% (708). En canto á distribución por xénero, das 3.667 persoas matriculadas no primeiro curso das 62 titulacións de grao ofertadas, 1.934 (53%) son mulleres e os 1.733 restantes (47%), homes.

    As titulacións con maior taxa de ocupación do campus de Ourense foron os graos de Relacións internacionais (123%), Dereito (122%) e Xeografía e historia (120%); mentres que no campus de Vigo os que acadaron as mellores porcentaxes de ocupación foron o PCEO en Enxeñaría biomédica e electrónica industrial e automática (150%), Dereito (126%) e Enxeñaría electrónica industrial e automática (120%).Pola súa banda, no campus de Pontevedra o Grao en Educación primaria acadou un 115% de taxa de ocupación, seguido de Educación infantil (113%) e Ciencias da actividade física e do deporte (106%). Pola contra, o Grao en Enxeñaría dos recursos mineiros e enerxéticos (18%) do campus de Vigo; o Grao en Enxeñaría agraria (24%) do campus de Ourense e o Grao en Enxeñaría forestal (51%) do campus de Pontevedra, son os que rexistran este curso menor taxa de ocupación.

    Respecto do curso pasado, a matriculación de novo ingreso en titulacións de grao increméntase pasando do 98% ao 99%, aínda que o número de estudantes matriculados descendeu dos 3.728 do curso 2021-22 aos 3.667 deste curso 2022-23. Pola súa banda, o número de alumnas e alumnos matriculados en todos os cursos de grao ascende este curso a 15.770.

    Datos de mestrado, cifras globais, programa de maiores e alumnado estranxeiro

    Neste curso un total de 1350 alumnas e alumnos iniciaron estudos nos 60 títulos de mestrado ofertados pola UVigo, que ocupou un 77% do total de prazas de novo ingreso (1752). Por campus, en Vigo iniciaron os seus estudos de máster 598 estudantes e a taxa de ocupación sitúase no 67%; en Ourense son 203 os estudantes de novo ingreso e 81% a taxa de ocupación e en Pontevedra o número de alumnos elévase a 218 e a taxa de ocupación en 93%. A isto cómpre engadir os mestrados intercampus en Avogacía e Profesorado en educación secundaria que acadaron taxas de ocupación en primeira matrícula do 62 e o 97%, respectivamente. Respecto do curso pasado, a taxa de ocupación baixou do 80 ao 77%.

    Á espera de que se pechen os últimos prazos de matrícula de doutoramento, a día de hoxe, 18.577 alumnos e alumnas cursan os seus estudos en todos os cursos das titulacións de grao, mestrado e doutoramento na UVigo. Por campus, 9.904 estudan en Vigo, 4.677 en Ourense e 3.905 en Pontevedra. Pola súa banda, o Programa da maiores  acada este curso un total de 432 estudantes matriculados (368 no programa universitario sénior e 64 no superior sénior), dos que 233 cursan estudos no campus de Vigo, 100 en Ourense e 99 en Pontevedra.

    En canto ao alumnado estranxeiro, 139 estudantes cursan titulacións de grao e 205 de mestrado, o que confirma un incremento respecto o curso pasado, no que os estudantes de grao foron 62 e 186 de mestrado. Portugal é o país de procedencia da maior parte do alumnado estranxeiro da UVigo, que por continentes, recibe a maior parte de estudantes foráneos de Italia e Alemaña (Europa); Marrocos e Exipto (África); China e India (Asia) e Ecuador e Arxentina (América).

    Respaldo de Reigosa á Axencia de IA

    Na súa comparecencia ante os medios e a preguntas dos xornalistas, o reitor da UVigo reiterou o seu apoio á candidatura de Ourense para acoller a Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial. Tras lembrar que tecnicamente non resulta posible presentar candidaturas conxuntas, Reigosa incidiu nos que considera puntos fortes da candidatura ourensá: a conexión con Madrid a través do AVE, a oferta do Concello do edificio de La Molinera, ademais de ser “un sitio bo, porque o Goberno quere descentralizar”.

    O reitor lembrou que fóra de Galicia hai competidores moi fortes ,de aí a importancia de que a comunidade presente a mellor candidatura e “nós estamos traballando dentro do nodo de IA para presentar a mellor opción”. Unha vez coñecida a candidata galega, Reigosa asegurou que a UVigo será “respectuosa co que decida, primeiro o nodo de IA, e logo a Xunta”.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026
    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Colaboración entre Concello de Vigo y Deputación
    Más Vigo

    Colaboración entre Concello de Vigo y Deputación

    Estas obras corresponden a la conexión entre la Rúa Marqués de Valterra y la Rúa Torrecedeira a través de la...

    por Julio Alonso
    14 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    La literatura gallega contemporánea se detiene este jueves en el corazón de O Morrazo para explorar las fronteras entre la...

    por Redacción
    14 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR