O alcalde vigués definíu esta reforma de «exemplar e moderna», xa que combina amplas beirarrúas -que agradece o comercio local- coa renovación das canalizacións de abastecemento e saneamento e a incorporación de novas redes de pluviais, dun sistema de rego separativo e de infraestruturas para redes soterradas de telecomunicacións e de instalación eléctrica.
Ademais, a primeira fase da humanización da rúa Girona, que supuxo un investimento de 350.000 euros, inclúe como «novidade» un cargador de dispositivos electrónicos, segundo resaltou Abel Caballero. O rexedor, quen tamén salientou que o vial ten agora luminarias LED de alta eficiencia, avanzou que o goberno que preside acometerá a segunda fase da humanización do vial.