Galicia xa conta con 12 albergues e residencias xuvenís pertencentes a esta Rede, formada por máis de 300 instalacións en toda España. Na nosa comunidade integran esta Rede os centros: ArtSurfCamp de Carballo, Equal de Coles, As Burgas de Ourense, O Castro de Vigo, Bela Muxía, Gandarío, Monte do Gozo, Lug2, As Corcerizas, San Xoán de Río, Florentino López Cuevillas de Ourense e Altamar de Vigo. Estes últimos sete equipamentos son de titularidade pública.
As persoas que dispoñan o carné de alberguista poden beneficiarse dunha serie de descontos e vantaxes nestas instalacións. O ano pasado expedíronse un total de 348 carnés, tanto de categoría xove, como de adulto, familiar ou de grupo.