Esta nova área de recreo se suma a outras oito que tamén van ser reformadas ou ampliadas antes dun ano. Os traballos do parque de Venezuela estarán rematados nun mes, mentres que o de Navia está xa contratado.
Pendentes de adxudicación están as áreas infantís de Barreiro e Pedro Alvarado. Pola súa banda, a actuación prevista en Bouzas xa está en tramitación, unha vez recibida a autorización de Patrimonio.
Os tres restantes -rúa Coruña, Jenaro de la Fuente e Maruja Mallo- están en fase de elaboración do proxecto e, en todo caso, está previsto que teñan listo o seu novo aspecto nun plazo máximo de doce meses.