• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 2 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Porta do Sol como laboratorio científico: feira, concursos, obradoiros, monólogos, desafíos, xincanas, maxia…

    Redacción por Redacción
    21 de Abr, 2023
    en Local
    0
    O festival divulgativo Cinvigo converterá a Porta do Sol nun laboratorio científico esta fin de semana

    Unha feira, un desafío científico, obradoiros infantís, unha xincana, maxia, monólogos… A programación divulgativa deseñada polo Cinbio, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, para esta fin de semana ten de todo e para todos os públicos. Todas estas actividades forman parte do festival divulgativo Cinvigo unha proposta de divulgación e promoción científica que busca achegar ás prazas e rúas da cidade a ciencia que día a día se fai neste centro de investigación. O epicentro de todo será a Porta do Sol que se converterá nun auténtico laboratorio científico do que poderá participar toda a cidadanía. Baixo o lema Ciencia na rúa, a idea é que públicos de todas as idades coñezan o traballo que desenvolven os grupos de investigación que se integran no Cinbio e aumentar a cultura científica da sociedade,  ao tempo que se espertan vocacións científicas entre as e os máis cativos.

    Como subliña o director do Cinbio, Miguel Correa, “como centro de investigación de referencia, o noso obxectivo fundamental é multiplicar o retorno á sociedade en forma de coñecemento científico, innovación e formación de profesionais. Por iso, con iniciativas coma esta, tentamos espertar vocacións e aumentar a cultura científica da sociedade, con fin de poñer en valor a ciencia e asegurar o futuro da investigación”. O evento conta coa colaboración do Concello de Vigo e, como explicaba o alcalde este xoves en rolda de prensa, o fundamental desta proposta “é sacar a ciencia á rúa e achegala á cidadanía”. Esta será a primeira edición dun evento que nace con vocación de continuidade, co obxectivo, recalca Correa, de que “CinVigo se converta nun evento anual de referencia en Vigo no que a ciencia sexa a protagonista”.

    200 estudantes de secundaria exporán os seus proxectos

    O eixe central de Cinvigo será unha feira científica na que arredor de 200 mozos e mozas de ESO e Bacharelato presentarán os seus proxectos e competirán por uns premios finais. En total exporanse 55 traballos desenvolvidos en 27 centros educativos de toda Galicia. Os equipos exporán os traballos na Porta do Sol de Vigo, onde ofrecerán as correspondentes explicacións ás persoas que se acheguen aos postos ao longo da fin de semana. Os proxectos tratarán de demostrar fenómenos físicos, químicos ou naturais relacionados coa ciencia, concursando a través de tres niveis ou categorías de participación: Early researchers para estudantes de 1º e 2º da ESO, Young researchers para 3º e 4º da ESO, e Teen researchers para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e ciclos formativos.

    Os proxectos gañadores serán escollidos por un xurado especializado e haberá tamén un premio do público, que poderá votar ao mellor proxecto a  través duna aplicación móbil. Os equipos gañadores obterán premios como unha matrícula universitaria de balde, a participación noutra feira científica ou unha estadía no Cinbio. O horario de apertura ao público da feira científica será de 12.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas na primeira xornada do sábado 22 de abril, e de 11.00 a 13.00 horas na xornada do domingo 23. A entrega de premios será o domingo a partir das 13.00 horas.

    U-Challenge

    Outra das actividades centrais será o U-Challenge, un desafío no que poderán participar estudantes universitarios ou de FP maiores de 18 anos que porán a proba as súas habilidades físicas e mentais. Neste reto deberase deseñar, reutilizar, construír e atinar nunha diana para acadar un premio en metálico de 500 euros. Cómpre inscrición previa no seguinte formulario e o horario de participación será de 16.00 a 19.00 horas o sábado e, as e os que se clasifiquen participarán na fase final o domingo de 11.00 a 13.00 horas. 

    Obradoiros científicos infantís

    Para os cativos e cativas de entre 3 e 12 anos, a organización porá en marcha unha serie de obradoiros infantís nos que poderán xogar, gozar e aprender en equipo a través de actividades deseñadas baixo unha metodoloxía activa que os converterá nos verdadeiros protagonistas da súa aprendizaxe. Leite con cores, Espuma máxica, Neve de cores ou Arco da vella de caramelo son algúns dos experimentos nos que poderán participar. Estes talleres terán lugar en catro carpas de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas durante a xornada do sábado e de 11.00 a 13.00 o domingo.

    Detectives na xincana Cinvigo Holmes 

    Para os que queiran converterse en detectives por un día, o Cinbio organiza a xincana Cinvigo Holmes, pensada para a rapazada de entre 12 e 17 anos, que poderá amosar as túas habilidades nun xogo de pistas que terá lugar o sábado, de 12.00 horas a 17.30 horas. A actividades tamén está aberta a menores de 12 anos sempre que acudan cun adulto. Deste xeito, a proba permitirá tanto a adolescentes como a familias gozar dunha tarde de aventura e redescubrir os barrios de Vigo dende una nova perspectiva. Para esta actividade é preciso realizar inscrición previa neste formulario. 

    Maxia, monólogos, obradoiros… o sábado

    A todas estas propostas haberá que sumar un programa paralelo de actividades para o sábado. De 12.00 a 13.00 horas o público poderá asistir a Maxia de preto, unha actividade con varios pases de 15 minutos; entre as 13.00 a as 13.45 horas haberá un espectáculo que, baixo o nome de Ciencieando e coa colaboración da FECYT, ofrecerá un percorrido pola historia da ciencia a través de demostracións e experiencias espectaculares que permitirán, por exemplo, coñecer a natureza do lume. De seguido, ás 13.45 h arrancará unha serie de monólogos da man de finalistas da última edición do concurso de monólogos organizado por Ciencia Calidade.

    Pola tarde repetiranse estas tres actividades co seguinte horario: de 16.00 a 18.00 horas Maxia de preto; de 18.00 a 19.00 horas o espectáculo Ciencieando e ás 19.00 horas actuación de Samuel Moreno, unha proposta dunha hora de duración na que a maxia se fusiona coa música, a tecnoloxía e o humor. 

    Paralelamente, as persoas que se acheguen a Porta do Sol poderán visitar postos informativos do Cinbio e doutras entidades promotoras de actividades de divulgación científica como Ciencia Calidade ou Vermis LAB.

    Ademais da colaboración do Concello, Cinvigo conta co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo, Büchi, Jasco, Portomédica, El Corte Inglés, Coca-Cola, Radio Vigo ou Frutas Nieves, entre outros.

    43

    Tags: CinvigoUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia
    Local

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia

    01 de Dic, 2025
    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas
    Local

    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas

    24 de Nov, 2025
    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina
    Marítima

    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina

    21 de Nov, 2025
    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger
    Local

    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger

    20 de Nov, 2025
    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»
    Local

    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»

    18 de Nov, 2025
    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos
    Local

    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos

    17 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Los vigueses perdieron 34 horas al volante en los atascos

    «No se toman medidas hasta que hay una desgracia, y no será por falta de advertencias»

    por Redacción
    01 de Dic, 2025
    0

    Vigo revalida el liderato de los supermercados más baratos de España

    Un histórico hipermercado levanta su persiana tras una remodelación completa

    por Redacción
    25 de Nov, 2025
    0

    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos

    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos

    por Redacción
    30 de Nov, 2025
    0

    Semana de ilustres (y esperados) estrenos en la calle Príncipe

    Tras un año en Vigo, la perfumería ‘low cost’ por excelencia se expande a Vialia

    por Redacción
    28 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un gran tranvía para un gran Vigo
    Más Vigo

    Un gran tranvía para un gran Vigo

    Casi al final de este año 2025 ha salido a la luz un libro muy interesante sobre los tranvías de...

    por Julio Alonso
    01 de Dic, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar
    Libros

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar

    La escritora viguesa Laura Torres regresa este viernes, 28 de noviembre, a su ciudad natal para presentar Beland, mi lugar...

    por David Augusto
    27 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Los querubines son de Vigo
    Opinión

    Los querubines son de Vigo

    Lo que muestra esta fotografía es el estado actual de una de las zonas más significativas de la ciudad de...

    por Julio Alonso
    30 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR