• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A igualdade e a música enchen a nova sede da Deputación en Vigo cos Premios Sofía Novoa

    Carmela Silva amosou o seu orgullo polo “elevado nivel técnico dos traballos” e animou ás persoas gañadoras “a que non paredes, a que sigades e continuedes dirixindo a vosa traxectoria cara a consecución da plena igualdade entre mulleres e homes”
    Redacción por Redacción
    06 de Feb, 2020
    en Local
    0
    A igualdade e a música enchen a nova sede da Deputación en Vigo cos Premios Sofía Novoa

    A nova sede da Deputación de Pontevedra en Vigo encheuse este mércores de sensibilidade, igualdade e música para acoller a entrega da cuarta edición dos Premios Sofía Novoa Ortiz que valoran aos mellores Traballos de Fin de Grao e Master con perspectiva de xénero, presentados na Universidade de Vigo durante o curso 2018-19.

    Ademais das persoas premiadas, ao evento asistiron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, deputadas e deputados do goberno provincial, autoridades académicas da Universidade de Vigo e o sobriño de Sofía Novoa, Juan Francisco Novoa Doce. O acto estivo conducido pola xornalista Edurne Baines e amenizado coa música da frautista Laura Lorenzo e pianista Yamini Teresa Prabhu, que interpretaron pezas de Fanny Mendelssohn, Béla Bartok, Manuel de Falla e Gabriel Fauré.

    Silva, amosou sentirse “moi orgullosa polo elevado nivel técnico dos traballos galardoados” e animou ás persoas gañadoras “a que non paredes, a que continuedes dirixindo a vosa traxectoria cara a consecución da plena igualdade entre mulleres e homes”. “Queremos apostar e apoiar todas aquelas iniciativas, entre as que se atopan os traballos universitarios de Fin de Grao e de Master, que están a impulsar e a estender a igualdade real e efectiva e a perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos da sociedade», asegurou Silva.  “Consideramos fundamental –engadiu a presidenta- que dende o coñecemento, a investigación e a análise rigorosa se incorporen os principios de igualdade”.

    Na entrega as persoas premiadas este ano tiveron a oportunidade de explicar a súa motivación á hora de introducir a perspectiva de xénero nos seus Traballos Fin de Grao e Master. Así, na modalidade de Traballos Fin de Grado alzáronse cos premios de 1.000 euros Karen Giselle Engster Appezato de Salceda e Cristina Pérez Carmuega de Pontevedra. Engster Appezato elaborou o traballo titulado “Constitución española inclusiva. Estudio previo y propuesta de redacción” onde realizou unha análise das modificacións gramaticais e léxicos que implica a adaptación da Constitución Española a unha linguaxe inclusiva. Pola súa banda, Pérez Carmuega presentou “Trabajar con perspectiva de género a través de la metodología por proyectos en la Educación Infantil” no que se ofrece unha proposta de deseño de dous proxectos con perspectiva de xénero para a educación infantil e a súa implantación nunha aula.

    Na mesma modalidade, de Traballos Fin de Grao tamén recibiu un premio de 600 € Antía Álvarez Martínez, de Vigo, por “Menores transexuales en el ámbito educativo”. Neste eido, o estudo afonda na transexualidade durante a infancia, concretamente na educación infantil, analizando a aceptación deste colectivo por parte da comunidade educativa.

    En canto á modalidade de Traballos Fin de Máster alzáronse cos premios de 1.000 € Marta Molina Rivera de Vigo e Rut Guinarte Mencía de Redondela. A primeira presentou “Sensibilización e formación en igualdade de xénero do profesorado de formación profesional” na que se investiga o grao de sensibilización do profesorado de FP coa igualdade de xénero, así como o interese, coñecemento e implicación con respecto á formación e recursos dispoñibles do colectivo docente. Pola súa banda, Guinarte Mencía elaborou o estudo “Mediando a temática do traballo de coidados na aula de inglés: co-construíndo novas realidades igualitarias” na que se integra a perspectiva de xénero no ensino de inglés nas Escolas Oficiais de Idiomas a través do deseño e implantación dunha sesión de 120 minutos que conxuga coidados e mediación.

    Tamén na modalidade de Traballos Fin de Máster recibiu un premio de 600 euros Fernando Miguel Otero Fernández, de Vigo, por “A situación do alumnado trans no Ensino Secundario de Galicia”.  Otero presentou o traballo “A situación do alumnado trans no Ensino Secundario de Galicia” no que se amosa a realidade do alumnado trans e se describen as actuacións que se poden levar a cabo desde o ámbito educativo para mellorar a súa calidade de vida.

    No acto conducido por Edurne Baines, directora da Editorial Belagua, recordouse a traxectoria de Sofía Novoa, unha muller cunha grande cultura pero silenciada e esquecida pola historia. Novoa, dende a pedagoxía, fixo grandes aportacións á sociedade,  empregou a música como vehículo para o ensino e loitou para que as mulleres ocupasen espazos públicos, concretamente, traballou nun programa educativo que posibilitaba o acceso das mulleres á educación superior.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraPremios Sofía Novoa

    RelacionadosArtículos

    Local

    Caballero sigue reclamando fondos para reformar Balaídos pero «no ha enviado ni un papel»

    04 de Feb, 2026
    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026
    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR