O acordo de colaboración contempla un prazo de execución de 12 meses e a intención é comezar as obras o antes posible. De feito, a rúa leva xa meses coas sinalización horizontal de cor amarelo.
A humanización, segundo desvelou o alcalde da cidade, Abel Caballero, recolle unha conexión coa avenida de Madrid mediante ramplas e escaleiras que fará que a obra sexa incluída no proxecto Vigo Vertical.
Ademais, renovaranse o parque infantil, o parque biosaudable, as canalizacións de abastecemento de auga e de saneamento, o pavimento, as beirarrúas e a rede semafórica.
Caballero tamén salientou a boa disposición da Deputación de Pontevedra para colaborar na humanización, algo que non ocorría cos anteriores responsables do organismo provincial. «Estou encantado con esta humanización porque hai veciños que tiveron a mala fortuna de que sempre lles negaron a humanización da súa rúa», insistiu o alcalde.