A cita ofrece cinco quilómetros de percorrido con puntos de cor cada mil metros e moita animación con toneladas de pos de cores. A proba está pensada para todos os públicos, pode facerse correndo ou camiñando pois o divertimento dos asistentes é o principal obxectivo.
A participación en Vigo vén crecendo cada ano, chegando no 2017 aos 12.500 participantes, cifra que nesta quinta edición prevé igualarse ou incluso superarse. As inscricións poden tramitarse na web da Holi Life e a entrega de dorsais terá lugar o venres e o sábado, de 11.00 a 19.00 horas no centro comercial Praza Elíptica, incluíndo os pos de cores e unha camiseta.
Os prezos varían en función da idade o de se a reserva de entradas se fai de xeito individual ou en grupo. Os menores de sete anos só pagan 1 euro pola inscrición.
Artigos relacionados: La Holi Run vuelve a Samil con otro nombre pero la misma intensidad de color