Será entón cando a de Bembrive se sume ás oito escolas infantís das que dispón actualmente o Concello e dota dunha subvención media anual de 250.000 euros por centro. Os usuarios pagarán o 18% do custo.
A rede de escolas infantís municipais está composta polos centros de Saiáns, Lavadores, Teis, Casco Vello, Tomás Alonso, Bouzas, Castrelos e Navia.