• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación envórcase co 25N cunha extensa programación para “berrar alto e claro” contra a violencia machista

    A campaña provincial arrancou este xoves coa instalación de dúas grandes pancartas despregadas nas sedes da institución provincial en Vigo e Pontevedra
    Redacción por Redacción
    19 de Nov, 2020
    en Local
    0
    A Deputación envórcase co 25N cunha extensa programación para “berrar alto e claro” contra a violencia machista

    Najla Shami interpretou un tema durante o acto de presentación da campaña. / Foto: Deputación de Pontevedra

    “Non imos facer máis minutos de silencio. Estamos fartas do silencio. Nós imos berrar alto e claro e non imos parar ata rematar con algo tan intolerable como o maltrato que sufrimos as mulleres. Que saiban os machistas, os maltratadores e os asasinos de mulleres que os desprezamos profundamente”. Con estas palabras a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, volveu hoxe a lanzar un berro contra a violencia machista no acto de presentación da extensa programación que a institución vai desenvolver ao abeiro da celebración do 25N. Todas as actividades englóbanse baixo o lema ‘Emerxencia Feminista. Posiciónate fronte ao machismo’ que, como destacou, “é un berro de indignación” ante a situación das violencias machistas que no que vai de ano suma a arrepiante cifra de 41 asasinatos, 1.074 desde o 2003.

    “Calar é estar ao lado do machismo”, afirmou Silva. “Así que hai que posicionarse en contra, é  a única posición decente”. A presidenta lembrou que, a escala mundial, nun só ano, 243 millóns de mulleres e nenas sufriron violencias machistas. “Estamos cada día máis enfadadas e queremos que cada asasinato ocupe o lugar que merece para que toda a sociedade se poña en pé contra as violencias que padecemos, contra o machismo, o patriarcado e a negación dos dereitos das mulleres”, reclamou. “Se no noso país foran 1.074 asasinatos por outro tipo de violencia sairía a xente á rúa a protestar masivamente. Pero son mulleres. As levan asasinando dende hai centos de anos. Son 1.074 asasinos produto da violencia machista . Iso é co que pretendemos rachar cada ano coas accións a prol da igualdade”.

    A campaña provincial arrancou coa instalación de dúas grandes pancartas despregadas nas fachadas das sedes da institución provincial de Vigo e Pontevedra. No acto da súa colocación celebrado esta mañá no Pazo Provincial, participaron amais de Carmela Silva o vicepresidente César Mosquera e deputados e deputadas do Goberno provincial. Amais, ambos edificios da Deputación iluminaranse en cor violeta desde a noite deste xoves ata finais de novembro, “como unha chamada de atención fronte ao que está acontecendo”.

    Trala colocación da pancarta, as Ruínas de San Domingos foron o “nobre” escenario escollido para dar a coñecer o resto da programación, que volve ter o proxecto “Mulleres en Acción. Violencia Zero” como estrela e “que chegará a todos os recunchos da provincia, aos centros educativos, ás prazas, aos espazos onde nos relacionamos, porque temos que educar e tomar conciencia e facelo no espazo público”. Precisamente, este acto contou coa actuación musical de Najla Shami, unha das artistas que vai participar e que, como destacou Carmela Silva, “pon voz e rostro a todas as mulleres da cultura que tanto aportan”. Neste senso, a presidenta indicou que ao termo do 2021 haberán sido 150 as protagonistas das accións de ‘Violencia Zero’. O lema nesta VI edición é “Emerxencia cultural, urxencia feminista” e contará de novo con 25 accións que se desenvolverán en 25 concellos de todas as comarcas a cargo de mulleres da cultura “que son o ariete fundamental para transformar, e poñen a súa creatividade para que algún día non teñamos que facer un 25N”. As dúas accións inaugurais serán performances e terán lugar o propio 25 de novembro na praza da Peregrina de Pontevedra, a cargo de Janet Novás, protagonista do cartel deste ano, e o día 26 no Museo Marco de Vigo con Mónica Aranegui.

    As accións previstas tocan as distintas vertentes culturais e , deste xeito, desenvolveranse outras dúas performances (a cargo de Analía Beltrán e Janés, así como Twins Experimental, formado por Laura Ramírez & Ainhoa Hernández); dúas intervencións murais de gran formato, con Btoy (Andrea Michelsson) e Milu Correch; catro accións de danza contemporánea (con Clara Ferrao Diz, Yara Bombox, Xiana Vilas e Ruth Balvís), sete accións escénicas (Esther Carrodegúas, Sue Moreno, Paula Sanmartín, Laura Villaverde, Stephy Llayora, Arantxa Treus e Carmen Méndez) ; seis musicais con Najla Shami; High Paw; Xoana; Macarena Montesinos; María Villanueva e Nastasia Zürcher) e dúas accións poéticas, con Miriam Ferradáns e Xiana Arias. Amais de Pontevedra e Vigo, as actividades desenvolveranse na Estrada, Cangas, Mos, Cuntis, As Neves, Arbo, Nigrán, Ponteareas, Redondela, Silleda, Caldas, Lalín, Bueu, Tomiño, Poio, Marín, A Illa de Arousa, Baiona, Salvaterra de Miño, Vilagarcía, Gondomar, Soutomaior, Vilaboa.

    Carmela Silva indicou que este ano, a causa da pandemia da Covid-19, eliminouse a elaboración do catálogo en papel do programa, pero preparouse un catálogo dixital que recolle todas as actividades. E, como novidade, tres artistas plásticas e ilustradoras teñen deseñado máscaras de tea que se repartirán nos concellos onde se desenvolverán as accións: Laura Romero (ilustración artística); Gemma Marqués (pintura-acuarela) e Lara Lars (collage). Está prevista unha tirada limitada de 3.600 unidades, “aínda que seguro que imos ter que facer bastantes máis”. “Polo tanto na provincia moitas persoas terán esa máscara que será tamén un berro. Porque se pode falar sen dicir palabras, aínda que son fundamentais para transformar o mundo”.

    Doutra banda, no pleno ordinario que celebrará a corporación provincial no día 27 deste mes, a profesora Teresa Domínguez, mestra e exdirectora do CRA Clara Torres de Tui que acaba de ser galardoado este 2020 co premio Escola do Ano da Fundación Princesa de Girona, lerá unha declaración da súa propia autoría ao abeiro do 25-N “que falará da importancia da educación nesta loita”. Na sesión tamén se repartirán postais coa imaxe do mural que a artista Nana realizou en Tui na actual  edición de ‘Violencia Zero’ co título de ‘Queda na casa’. Este mural, como sinalou a presidenta ”amosaba a terrible situación que viviron as mulleres e crianzas maltratadas durante o confinamento”.

    🎶 Comezamos este acto coa voz de @najlashami, unha das artistas que participará neste novo ciclo, e xa van 6, de #ViolenciaZero

    Reivindicación feminista en clave de arte contemporánea pic.twitter.com/jTOziOOo3D— Deputación Pontevedra (@depo_es) November 19, 2020

    Así mesmo, a Deputación colaborará un ano máis coa campaña de sensibilización social ‘En Negro contra as Violencias’, na que participa desde o ano 2017 e colabora cada ano coa edición de distintos materiais que distribúen nos 25 concellos adheridos na provincia a esta iniciativa.  Máis polo miúdo, repartirase máis de 5.500 marcapáxinas e 5.000 carteis. 

    43

    Tags: 25NDeputación de PontevedraViolencia Zero

    RelacionadosArtículos

    Local

    Caballero sigue reclamando fondos para reformar Balaídos pero «no ha enviado ni un papel»

    04 de Feb, 2026
    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026
    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR