Os votos de Marea de Vigo e do PSOE sacaron adiante unha moción de apoio á folga feminista do próximo 8 de marzo e de todas accións convocadas co mesmo fin, «colaborando na súa difusión chamando á veciñanza á participación». O PP de Vigo abstívose na votación.
Segundo o acordo adoptado, o Concello facilitará «todos os medios dispoñibles» para o seguimento da convocatoria, adoptando «as medidas necesarias para garantir o exercicio de dereito á folga por parte das mulleres traballadoras do Concello que se sumen á mesma». O Concello de Vigo colocará ademais unha faixa en apoio á folga feminista no edificio consistorial.