• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 13 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A celebración presencial de 13 exames finais devolve ás aulas ao alumnado da Universidade de Vigo

    Fisioterapia, EE Forestal e Belas Artes acollen ata finais de xullo probas con poucos estudantes e con características que dificultan a avaliación virtual
    Redacción por Redacción
    22 de Jun, 2020
    en Local
    0
    A celebración presencial de 13 exames finais devolve ás aulas ao alumnado da Universidade de Vigo

    Os exames de fisioterapia implican a avaliación de habilidades manuais. / Foto: DUVI

    Os estudantes do grao en Fisioterapia Belén Gómez e Ismael Carrera convertéronse este luns nos primeiros alumnos da Universidade en realizar un exame de xeito presencial despois de que a crise sanitaria xerada pola covid-19 obrigase á suspensión da actividade docente presencial o pasado mes de marzo. O pasado 2 de xuño, o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou a celebración presencial de exames finais da convocatoria de xullo en 13 materias das titulacións que se imparten nas facultades de Fisioterapia e Belas Artes e na Escola de Enxeñaría Forestal, que cumprían os requisitos esixidos en canto o número de estudantes e a imposibilidade de avaliar as materias sen celebrar unha proba presencial.

    Concretamente, Fisioterapia acollerá ao longo desta semana os exames correspondentes á parte práctica de tres materias, mentres que a EE Forestal celebrará tres exames presenciais nesta convocatoria e, ao longo do mes de xullo, terán lugar na Facultade de Belas Artes sete avaliacións presenciais de materias que requiren a presentación de obras e instalacións ou de prototipos téxtiles, no caso do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda.

    A primeira destas probas, correspondente á parte práctica da materia Fisioterapia Xeral I, desenvolveuse este mediodía nunha facultade que, na presente semana, acollerá outros dous exames presenciais. En todos os casos, explica a decana, Eva Lantarón, trátase das avaliacións correspondentes á parte práctica das materias, “nas que avaliamos habilidades manuais, polo que a mellor forma de facelo é vendo como os alumnos actúan sobre o paciente, mentres que os exames teóricos seguen realizándose de xeito virtual a través do Campus Remoto”. En todos os casos, as e os estudantes accederán aos laboratorios por parellas, de tal xeito que un realizará os exercicios propostos mentres o outro exerce como paciente.

    “Trátase de exames que realizan moi poucos alumnos”, explica Lantarón, que sinala que os estudantes deben realizar as probas cos correspondentes equipos de protección individual, procedéndose á finalización de cada proba á desinfección da padiola na que se levou a cabo. Tralos dous estudantes que se examinaron nesta xornada, tres farano mañá da materia Fisioterapia neurolóxica e especial, mentres que 14 farano entre xoves e venres de Fisioterapia respiratoria e masoterapia especial, nun exame que para garantir as medidas de seguridade, “levarase a cabo en dous días, en dous laboratorios á vez”, explica Lantarón.

    Na primeira destas probas, correspondente a unha materia coordinada polo profesor Gustavo Rodríguez, Belén Gómez e Ismael Carrera realizaron en primeiro termo desde as súas casas a proba teórica para, dúas horas despois, seren avaliados da parte práctica pola profesora Mercedes Soto. “Saíu todo bastante ben, aínda que estaba un pouco nerviosa”, recoñecía Gómez tras completar unha proba que, sinala, previamente preparou na súa casa usando á súa familia como “pacientes”. Mais ao mesmo tempo, recoñece que pese a dispor de materiais como vídeos e poder realizar titorías, “non poder vir á facultade a practicar antes”, no referido ao manexo de determinados equipamentos, fixo que eses nervios se acrecentaran de cara a estea proba. Nunha liña similar pronunciábase Carrera, quen recoñecía que ter que facer “un exame de recuperación dunha materia do primeiro cuadrimestre nunha situación diferente á que estás acostumado”, sumado a que o uso de máscaras de protección ou pantallas protectoras fai que a proba sexa “un pouco máis incómodo”, fan que “se sumen un pouco máis de nervios aos que xa tes por facer un exame”.

    Tres exames, tres estudantes
    Tamén na presente semana comezarán a desenvolverse na Escola de Enxeñaría Forestal os tres exames presenciais aprobados para esta convocatoria de xullo. Farano coa proba da materia Patoloxía e pragas forestais, que require do uso de material de laboratorio, e á que acudirán tres estudantes.

    As outras dúas probas, das materias de Botánica e Zooloxía, só serán realizadas de forma presencial por unha alumna do Programa de Integración de Universitarios/as con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (Piune), que así o solicitou, manténdose a modalidade virtual para o resto de estudantes.

    Proxectos artísticos e prototipos téxtiles
    No referido a Belas Artes, levaranse a cabo sete avaliacións presenciais ao longo do mes de xullo. Dúas delas, correspondentes ao grao en Belas Artes, ás referidas á materia Proxectos de escultura e instalacións, dada a importancia que ten nesta materia o espazo de intervención e a súa transformación, e a defensa de determinados traballos de fin de grao. En ambos casos, sinalan desde a facultade, tratarase de probas que se levarán a cabo de xeito presencial en casos concretos, por un número reducido de alumnos.

    No caso dos TFG, explica o seu coordinador, o profesor Juan Loeck, «agárdase que a maior parte dos alumnos e alumnas», presenten os seus traballos finais «de maneira virtual, como está sucedendo na convocatoria de xuño», mais ofrecéselle tamén a posibilidade de solicitar a defensa presencial, para casos como os de «instalacións tridimensionais». Nestes casos, as e os estudantes montarán os seus proxectos con antelacións por quendas «en espazos compartimentados da facultade e non estarán presentes durante a avaliación do tribunal», explica Loeck.

    Os outros cinco exames corresponden ao mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda, que, en casos como os das materias Proxectos de deseño I, Proxectos de deseño II e Procesos de investigación e creación, implican o desenvolvemento de prototipos téxtiles, cuxa selección de materiais, texturas e acabados requiren dunha avaliación presencial. O mesmo acontece coa defensa de traballos de fin de mestrado, que se levará a cabo de xeito presencial tanto en xullo como, principalmente, en setembro. O feito de que Esdemga teña un máximo de 20 alumnos por curso contribúe neste senso á que poidan organizarse as presentacións de forma individual, en diferentes quendas, de tal xeito que poidan cumprirse as medidas de distanciamento seguridade pertinentes. O mesmo acontece coa materia Laboratorio de materiais, onde se avalían estampacións cuxos detalles non poderían apreciarse de forma virtual e para a que tamén se promoverá unha presentación individual de orixinais.

    43

    Tags: Covid-19examesUVigo

    RelacionadosArtículos

    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona
    Local

    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona

    12 de Dic, 2025
    El alcalde reclama una facultad de Medicina para Vigo
    Salud

    La Xunta insta a «salvar» la descentralización de Medicina y advierte de que no habrá más plazas ni recursos

    02 de Dic, 2025
    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia
    Local

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia

    01 de Dic, 2025
    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas
    Local

    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas

    24 de Nov, 2025
    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina
    Marítima

    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina

    21 de Nov, 2025
    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger
    Local

    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger

    20 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Unas antiguas oficinas de 860 metros que el Estado tenía en Vigo se transformarán en seis nuevas viviendas

    Unas antiguas oficinas de 860 metros que el Estado tenía en Vigo se transformarán en seis nuevas viviendas

    por Redacción
    12 de Dic, 2025
    0

    La inauguración de la primera cabina de teléfono en Vigo

    La inauguración de la primera cabina de teléfono en Vigo

    por Julio Alonso
    10 de Dic, 2025
    0

    Penela, artífice de las obras de Barrio do Cura, garantiza que los querubines volverán al Paseo de Alfonso

    Penela, artífice de las obras de Barrio do Cura, garantiza que los querubines volverán al Paseo de Alfonso

    por María Alonso
    07 de Dic, 2025
    0

    Un muerto y tres heridos en una colisión entre dos coches en Redondela

    Un muerto y tres heridos en una colisión entre dos coches en Redondela

    por Europa Press
    11 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Más de un mes sin recoger
    Más Vigo

    Más de un mes sin recoger

    Estos escombros que se observan en la imagen llevan varios meses abandonados. Están olvidados en la céntrica Avenida Camelias, de...

    por Julio Alonso
    13 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras publicados en noviembre que no te puedes perder
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras publicados en noviembre que no te puedes perder

    Encaramos el final de este 2025 con unas cuantas novedades literarias de lo más interesantes. ¿Las repasas conmigo? 1) Historias...

    por Gabriel Romero de Ávila
    09 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    De la película Nüremberg al Genocidio de Gaza
    Opinión

    De la película Nüremberg al Genocidio de Gaza

    Disclaimer. Si aún no has visto la película y tienes intención de verla, no sigas leyendo. Fui a ver esta...

    por Alba García Moreira
    09 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR