• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 20 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A astrofísica Ana Ulla participa no procesamento de datos recompilados pola nave espacial Gaia tras completar a exploración da Vía Láctea

    A investigadora da UVigo comezou a colaborar no proxecto hai case dúas décadas, comfirmando agora a ESA a finalización das observacións científicas da sonda lanzada en 2013
    Redacción por Redacción
    16 de Ene, 2025
    en Local
    0
    A astrofísica Ana Ulla participa no procesamento de datos recompilados pola nave espacial Gaia tras completar a exploración da Vía Láctea

    O proxecto Gaia da Axencia Espacial Europea, que se centra en cartografiar a Vía Láctea, entra nunha nova fase logo que a ESA confirmase este mércores a finalización das observacións científicas da nave espacial Gaia, lanzada o 19 de decembro de 2013. Dende entón e ata a actualidade, a sonda Gaia acumulou máis de 3 billóns de observacións duns 2000 millóns de estrelas e outros obxectos, construíndo o mapa máis grande e preciso da Vía Láctea. Aínda que o tanque de combustible de Gaia se está a esgotar, a misión continuará, dunha banda, coa programación de probas tecnolóxicas para as vindeiras semanas, antes de que a sonda se traslade a súa órbita de retiro e, doutra, coa programación de dúas publicacións masivas de datos, unha previsiblemente o vindeiro ano 2026, e outra, a finais desta década. 

    Vencellada ao proxecto desde o ano 2006, xunto co Galician Group for Gaia, integrado a súa vez no consorcio DPAC (Data Processing and Analysis Consortium), do que forman parte uns 450 profesionais internacionais, a catedrática de Física Aplicada e investigadora do CIM-UVigo Ana Ulla explica que “o enorme volume e precisión dos datos astronométricos de Gaia, para case 2000 millóns de estrelas, proporcionaron resultados moi relevantes” e pon como exemplo o coñecemento tan preciso que agora se ten da estrutura, distribución de masas, dinámica e historia evolutiva da Vía Láctea, “incluíndo aquí a caracterización de correntes estelares e dos restos doutras galaxias que foron no seu día engulidas pola nosa, xunto á capacidade de predicir colisións galácticas futuras”. 

    Impresión artística da Vía Láctea baseada nos datos recompilados por Gaia. / Imaxe: Duvi

    Intenso procesamento de datos

    Ao longo destes anos, o traballo de Ana Ulla no proxecto Gaia, xunto aos integrantes do Galicia Group Minia Manteiga, Carlos Dafonte, Daniel Garabato e Marco Antonio Álvarez da UDC, centrouse, por unha banda, nunha parte máis técnica, relacionada coa documentación de procedementos na extracción de parámetros físicos (temperatura, luminosidade, gravidade, etc.) das estrelas e, por outra, “máis propiamente de colaboración na explotación científica, para diferentes casos de estudos, como, por exemplo, a análise das características e propiedades das nebulosas planetarias, estrelas post-AGBs ou subananas quentes”.

    Agora, co remate das observacións científicas da nave espacial Gaia, o labor da astrofísica da UVigo en relación co procesamento de datos intensifícase. “En DPAC estamos a traballar arreo na produción do 4º catálogo de datos, que posiblemente sexa público no ano 2026, e que conterá milleiros ou millóns de obxectos de todas as categorías, dende corpos do Sistema Solar, ata exoplanetas ou galaxias moi afastadas”. Ulla destaca que as posibilidades de traballo estatístico, mesmo empregando IA, son fabulosas con tantos datos, “a miña contribución seguirá nas parcelas, unha máis técnica e outra máis científica, neste contexto de terabites de datos por procesar. Estaranse ademais abrindo algunhas novas liñas de traballo científico a explorar con novos colaboradores e todo isto é parte do que está a facer a investigación tan gratificante”. Así mesmo, a catedrática apunta a existencia de plans preliminares para a produción dun 5º catálogo Gaia, de xeito que a misión completa pode durar ata o ano 2030 ou máis.

    A astrofísica da UVigo Ana Ulla. / Foto: Duvi

    Aprendizaxe profesional e humano e un emocionante descubrimento

    Ana Ulla valora de xeito moi positivo a oportunidade que lle está a brindar este proxecto de traballar cun grupo interdisciplinario, entre astrofísica e enxeñaría informática, e investigar a tan alto nivel. “Considero que aprendín moitas cousas interesantes, desde un punto de vista profesional, pero tamén humano”, explica a catedrática da UVigo.

    En canto ao que considera o descubrimento máis salientable dos realizados no transcurso do proxecto, Ana Ulla apunta ao de Gaia BH3, o maior buraco negro estelar binario na Vía Láctea, mediante unha enorme precisión na medición dos movementos peculiares da súa estrela compañeira. “Aínda que era o terceiro burato negro descuberto por Gaia, este ten unha masa unhas 33 veces maior que a do Sol, sento por tanto o máis masivo obxecto do seu tipo na nosa galaxia. Dicimos que Gaia BH3 é un buraco negro ‘dormente’ porque, en principio non acumula materia da súa compañeira e non emite radiación detectable, como noutros sistemas binarios”, detalla a investigadora, que destaca  a importancia deste descubrimento inesperado, inusual e de enorme importancia para os estudos de evolución estelar, en xeral, e que “de paso foi moi emocionante”, asegura. 

    Infografía coa nueva impresión artística da Vía Láctea, do telescopio espacial Gaia e números sobre a fase de exploración do ceo. / Imaxe: Duvi

    O mellor mapa da Vía Láctea 

    O traballo de cartografiado de posicións, distancias, movementos, cambios de brillo e composición e outras características das estrelas ao monitorizalas cos seus instrumentos, permitiu a Gaia cumprir co seu obxectivo principal de construír o mapa máis grande e preciso da Vía Láctea. «Contén cambios importantes con respecto aos modelos anteriores, porque Gaia cambiou a nosa impresión da Vía Láctea. Incluso se revisaron as ideas básicas, como a rotación da barra central da nosa galaxia, a deformación do disco, a estrutura detallada dos brazos espirais e o polvo interestelar cerca do Sol», sinala Stefan Payne-Wardenaar, visualizador científico do Instituto Max Planck de Astronomía, Alemaña, que asegura que, aínda así, as partes distantes da Vía Láctea seguen a ser conxeturas fundamentadas en datos incompletos. “Con máis publicacións de datos de Gaia, a nosa visión da Vía Láctea será aínda máis precisa”, afirma. 

    Ademais do buraco negro Gaia BH3, a nave espacial Gaia proporcionou órbitas de precisión milimétrica de máis de 150.000 asteroides e ten medicións de tan alta calidade que descubriu posibles lúas arredor de centos deles. Tamén creou o mapa tridimensional máis grande de arredor de 1,3 millóns de cuásares, co máis afastado brillando cando o Universo tiña só 1.500 millóns de anos.

    Impresión artística da Vía Láctea baseada nos datos recompilados por Gaia. / Imaxe: Duvi

    43

    Tags: AstrofísicaGaianave espacialUniversidad de VigoUVigoVía Láctea

    RelacionadosArtículos

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026
    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido
    Local

    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido

    16 de Ene, 2026
    Convenio entre Xunta y UVigo para crear un laboratorio especializado en computación cuántica óptica
    Local

    Convenio entre Xunta y UVigo para crear un laboratorio especializado en computación cuántica óptica

    15 de Ene, 2026
    Belén Rubio, candidata al Rectorado de la UVigo: «Tenemos que luchar por tener una universidad excelente»
    Local

    Belén Rubio, candidata al Rectorado de la UVigo: «Tenemos que luchar por tener una universidad excelente»

    14 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Un coche acaba volcado (y entre arbustos) tras una salida de vía en Vigo

    Un coche acaba volcado (y entre arbustos) tras una salida de vía en Vigo

    por Redacción
    14 de Ene, 2026
    0

    La Xunta eleva su apuesta por Vigo con 5.300 viviendas: en Navia hay 900 «en marcha»

    Cuatro cooperativas se reparten 70 parcelas en Vigo para construir 140 viviendas en Navia

    por María Alonso
    14 de Ene, 2026
    0

    Vigo testea el tráfico en Gran Vía para avanzar en las rampas mecánicas: «Un sistema revolucionario de comunicación»

    Luz verde para «una obra histórica»: comienzan las nuevas rampas de la Gran Vía

    por Redacción
    15 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Impresionante Vialia
    Más Vigo

    Impresionante Vialia

    Esta es la impresionante vista del centro comercial Vialia, en la ciudad de Vigo, una fotografía tomada desde el Halo,...

    por Julio Alonso
    20 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”
    Libros

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”

    Con motivo da publicación en novembro do volume recompilatorio das serie de cómic dedicada a Castelao, falamos co seu ilustrador,...

    por Octavio Beares
    18 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR