Baixo o nome #AlumeandoAMiseria, iniciou unha tirada de 6.000 postais. A presentación da campaña fixose diante das oficinas centrais de Correos en Vigo este venres as 18:00. Dende alí enviaron as postais a Milagros Otero (Valedora do Pobo) e a Francisco M. Fernández Marugán (Defensor del Pueblo), acto co que reclamaron a estas dúas figuras que protexan os dereitos básicos que «cada día son vulnerados na nosa cidade».
Abordan en seis postais diferentes problemas sociais que padece na cidade «e que o goberno municipal intenta agochar coas luces de Nadal». Lanzáronse 1.000 postais de cada un dos seguintes temas:
1- Axudas sociais #VigoComeLuces
2- Sen fogar #VigoDistraeseConLuces
3- Vivenda #VigoDormeBaixoAsLuces
4- Pobreza enerxética #VigoQuentaseConLuces
5- Cultura #VigoSeculoDasLuces
6- Xentrificación #VigoLongaNoiteDeLuces
Logo de facer o envío na caixa de correos, fixose un reparto das postais polo centro da cidade, «de cara a animar o debate entre as veciñas sobre a mellor forma de gastar os limitados recursos públicos nunha cidade con moitas necesidades sociais».
No arquivo adxunto que acompaña ao artigo poden verse os deseños dos seis modelos de postais.