En virtude deste convenio, os Coidadores de Barrio terán presenza no Calvario, Teis, Casco Vello, Travesas e Bouzas-Coia. O acordo con Érguete terá unha vixencia de dous anos e permitirá a contratación de 47 profesionais para levalo adiante.
Abel Caballero non desbotou seguir ampliando no futuro este programa, que supón a creación de postos de traballo e tamén un apoio no propio barrio a, por exemplo, persoas que viven solas.
Humanizacións
Por outra banda, o goberno vigués avanzou este xoves en duas humanizacións máis na cidade, coas aprobacións da clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- da remodelación da rúa Fátima e do proxecto da quinta fase da reforma da rúa Aragón.
Neste último caso, a quinta fase da humanización de Aragón presenta un importe superior ao millón de euros e un prazo estimado de nove meses de obras. O Concello renovará pavimentos, instalacións de alumeado, rego, semáforos e as canalizaciós de abastecemento e saneamento.
En Fátima, o Concello vigués reserva 225.000 euros para uns traballos de humanización estimados en catro meses, nos que se cambiarán as redes de abastecemento, saneamento, electricidade e alumeado público, ademais dos pavimentos e da instalación de mobiliario urbano.
Carballal
Finalmente, a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación para a reforma dos vestiarios e instalacións no campo de fútbol do Carballal, recinto «de forma gratuita e case que exclusivo polo Gran Peña», resaltou Caballero.
O Concello adica á mellora 415.000 euros, con catro meses de prazo estimado de obras. O total de investimento municipal no Carballal ronda o millóns de euros, a primeira fase da mellora xa executada.