• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 18 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • vigoé

    1,5 millóns de euros para pór en marcha 10 proxectos que aceleren a chegada ao mercado dos resultados de I+D

    O abano de temas abarca desde saúde e cosmética, ata medio ambiente, pasando por tecnoloxías TIC
    Redacción por Redacción
    17 de Ene, 2022
    en Local
    0
    1,5 millóns de euros para pór en marcha 10 proxectos que aceleren a chegada ao mercado dos resultados de I+D
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A Universidade de Vigo captou no 2021 1,5 millóns de euros para levar a cabo  10 ‘proxectos proba-concepto’, traballos dirixidos a impulsar cara o mercado os resultados da investigación e facilitar a súa transferencia á sociedade. Acaban de pórse en marcha e por diante teñen dous anos nos que demostrar que a I+D+i que se realiza nos laboratorios universitarios pode ser trasladada ao tecido socio-produtivo en forma de produtos, bens, servizos ou calquera outra aplicación que sexa beneficiosa para a economía, a sociedade, a cultura ou as políticas públicas. 681.000 euros conseguíronse a través da convocatoria Probas de Concepto do Ministerio de Ciencia e Innovación, un programa de nova convocatoria financiado con fondos Next Generation EU, e 746.000  proveñen do programa Ignicia- Proba de concepto, unha iniciativa pioneira posta en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación en 2016 e que xa leva tres edicións.

    “O impulso á transferencia é un dos obxectivos deste equipo de goberno, a nosa Universidade ten xa desde hai anos unha gran tradición de transferencia, e o éxito logrado nestas convocatorias así o demostra”, explica a vicerreitora de Investigación Belén Rubio, quen se manifesta “moi satisfeita”, porque “o resultado natural da investigación é exportala á sociedade”. Entre os proxectos que se acaban de pór en marcha –os do ministerio en decembro e os Ignicia en xaneiro- trátanse temáticas do máis variadas, hai exemplos en temas de saúde, compostos  farmacéuticos, cosméticos, pero tamén ambientais, de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, de aproveitamento de enerxía e de tecnoloxías TIC aplicadas a aspectos de diversa índole. “Espero que todos eles sexan un éxito e unha realidade que vexamos aplicada no noso día a día nun futuro próximo”, salienta a vicerreitora, ao que engade que “a mensaxe que debemos transmitir á sociedade é que é necesario primeiro o coñecemento e a investigación para lograr avances significativos que finalmente poidan redundar neses beneficios para todos”.

    Convocatoria do ministerio: 60% de éxito e múltiples temáticas

    A convocatoria Probas de Concepto do ministerio vai dirixida a fomentar e acelerar a transferencia de coñecementos e os resultados xerados nos proxectos de investigación do plan estatal. Non se trata de continuar a investigación do proxecto previo, senón de pór en valor os coñecementos acadados mediante a realización de actividades adicionais que permitan confirmar o potencial innovador dos mesmos e facilitar a súa transferencia. Solicitáronse en total 13 proxectos e o ministerio concedeu oito, o que sitúa a taxa de éxito no 61,5%.

    O proxecto que acadou un maior financiamento, 149.500 euros, é O3-Integap, Tecnoloxía de inxección de ozono para purificación de gases de escape. Neste caso, pártese dun traballo anterior no que se comprobou o importante potencial da técnica de inxección de ozono como sistema de purificación dos gases de escape e mecanismos de eliminación de fouling, e o obxectivo é estender esta técnica realizando esforzos innovadores para obter un sistema que poida ser implementado nos motores de combustión interna existentes, contribuíndo á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas da combustión dos próximos biocombustibles e do resto de combustibles fósiles.

    Relacionado tamén co medio ambiente o proxecto Hibritec+, financiado con 138.000 euros, busca un enfoque práctico e próximo á realidade de mercado na detección e o tratamento de compostos farmacéuticos. Trátase de desenvolver a escala piloto un proceso integrado, economicamente viable, para mellorar a produción de auga limpa para a súa incorporación ao mercado de reutilización de augas. Entre os proxectos que contan cunha maior cantidade de financiamento, preto de 100.000 euros, atópase tamén NanoInRe, Nanofluídos optimizados para intercambiadores de calor nunha planta piloto de enerxía xeotérmica.

    Dirixido especificamente ao ámbito sanitario, PolyDeepAdvance, cun orzamento de 75.000 euros, realizará a validación clínica e o plan de acceso ao mercado dun sistema de diagnóstico asistido por ordenador baseado no Deep Learning (técnicas de aprendizaxe profundo) para a detección e clasificación de lesións colorrectais en tempo real.

    No ámbito das tecnoloxías TIC, VAIMos, financiado con 72.500 euros, busca valorizar os resultados do proxecto AIM sobre Internet de todo (Internet of Everything, IoE);  Realsat, cun orzamento de 40.000 euros, buscará unha nova tecnoloxía, efectiva en custo, para mellorar a cobertura  desde satélites xeoestacionarios pequenos (GEO) ou de órbita baixa (LEO); e, cun financiamento de 43.000 euros, FLATCity-Urban formula a necesidade de estender os algoritmos de caracterización de elementos do solo co fin de extraer outros atributos que enriquezan o mapa de navegación como son a anchura dos elementos ou o estado de conservación.

    Da unión entre o mundo das TIC e a comunicación xurde DEBATrue, un proxecto ao que o ministerio lle concedeu 65.000 euros, financiamento co que tentar pór en marcha unha plataforma de verificación e comprobación en liña sobre as afirmacións realizadas polos candidatos ou candidatas durante e despois da celebración dos debates electorais, contribuíndo así ao desenvolvemento dun modelo de medios de comunicación máis innovadores e democráticos.

    Ignicia: 388.000 para o proxecto Celia e 358.000 para Surfacorn

    No caso da convocatoria Ignicia impulsada pola Xunta de Galicia a subvención é de 746.000 euros: 388.000 para Celia, un asistente interactivo orientado a mellorar a comunicación das persoas con demencia, e 358.000 para  Surfacorn, traballo que busca aplicar o extracto biosurfactante obtido dos licores do lavado do millo para usos cosméticos e farmacéuticos.

    No caso de Celia, proxecto que foi presentado o pasado mes de novembro nun acto celebrado no edificio Redeiras, permitirá que persoas con demencia en estados iniciais vexan retardado o seu deterioro cognitivo, utilizando unha tableta que lles ofrecerá contidos de estimulación personalizados, baseados en noticias, a partir das que se lle realizarán preguntas sobre esta información, pero tamén sobre a súa  vida. O obxectivo é que a ferramenta permita que persoas maiores con deterioro cognitivo leve obteñan de xeito áxil e sinxelo información do seu interese, que se lles presenta en linguaxe natural. Para conseguilo bótase man de diferentes tecnoloxías: chatbots, ou aplicacións informáticas baseadas na intelixencia artificial que permiten simular a conversa cunha persoa; análise de sentimento; algoritmos de machine learning; xeración de linguaxe natural… todo baixo unha aplicación Android amigable. 

    Co proxecto Surfacorn preténdese levar ao mercado dous extractos biosurfactantes extraídos dos licores de lavado de millo para o seu uso na industria cosmética, farmacéutica e/ou agroquímica. Unha das principais vantaxes deste proxecto é o emprego de deterxentes naturais (denominados biosurfactantes), moito menos irritantes e tóxicos ca os químicos e moito máis biocompatibles. Ademais no caso dos biosurfactantes empregados neste traballo producen un efecto sinérxico cos ingredientes activos empregados, debido ao seu poder antimicrobiano ou antioxidante, tal e como xa se demostrou en proxectos previos.

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    O Centro de Linguas da UVigo abre o prazo de matrícula para os cursos de verán
    Local

    O Centro de Linguas da UVigo abre o prazo de matrícula para os cursos de verán

    18 de May, 2022
    Quincena gratuíta nas actividades deportivas dos tres campus da Uvigo
    Local

    Quincena gratuíta nas actividades deportivas dos tres campus da Uvigo

    16 de May, 2022
    Un partido inspirado en C. Tangana gaña unhas eleccións ficticias na Universidade de Vigo
    Local

    Un partido inspirado en C. Tangana gaña unhas eleccións ficticias na Universidade de Vigo

    13 de May, 2022
    A UVigo homenaxea a Manolo Ramos nun emotivo acto
    Local

    A UVigo homenaxea a Manolo Ramos nun emotivo acto

    12 de May, 2022
    Hallan restos de un asentamiento poblacional romano en la isla de Ons
    Arqueología

    Hallan restos de un asentamiento poblacional romano en la isla de Ons

    11 de May, 2022
    Crean en la UVigo la Cátedra Unesco para una educación transformadora
    Local

    Crean en la UVigo la Cátedra Unesco para una educación transformadora

    11 de May, 2022

    Más Vistos

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    por Redacción
    16 de May, 2022
    0

    La espectacularidad de Vialia

    La espectacularidad de Vialia

    por Julio Alonso
    16 de May, 2022
    0

    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos
    Local

    La jornada de sol y bochorno, con temperaturas que rondaron los 30 grados, acabó con una gran tormenta en el...

    Leer mas

    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»
    Local

    Vestidos con monos blancos y con sus manos alzadas, vecinos de San Miguel de Oia y miembros de colectivos ecologistas...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1890

      O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas

    • O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR