19022017Dom
Última edición: Dom, 19 Feb 2017 10am

La Xunta investirá 765.000 euros na mellora de catro rúas de Navia

A previsión é que os traballos comecen a finais do mes de agosto. O prazo de presentación das ofertas por parte das empresas remata o 15 de marzo

Publicado en Local

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de reparación de infraestruturas en San Paio de Navia. Concretamente, trátase da mellora de 4 rúas no barrio vigués que contan cun investimento superior aos 765.000 euros.

mobilidade

Vigo substitúe os bolardos do Casco Vello por un sistema de lectura de matrículas

Esta tecnoloxía máis moderna facilita o labor dos servizos de emerxencias

Publicado en Local

O alcalde anunciou este venres a posta en funcionamento "de forma inmediata" do novo sistema de regulación do acceso de coches ao Casco Vello con cámaras de lectura de matrículas que accionarán un semáforo para permitir o paso. Trátase dunha tecnoloxía máis moderna e que facilita o labor dos servizos de emerxencias.

O Concello xa ten recibido 1.100 solicitudes ao plan de axudas para alimentos, enerxía e vivenda

O goberno de Vigo conta con 2,5 millóns para pagos de alimentación, enerxía e aluguer e hipoteca

Publicado en Local

O alcalde recordou este venres que permanece aberto o prazo para solicitar estas axudas para familias con menos recursos, ata o próximo 3 de marzo con cita previa a través da web do Concello ou no teléfono gratuíto 010. O goberno de Vigo conta con 2,5 millóns para pagos de alimentación, enerxía e aluguer e hipoteca.

El PP denuncia el “completo abandono” de Clara Campoamor sin aceras

La portavoz popular, Elena Muñoz, subraya que en octubre de 2015 Caballero anunció “a bombo y platillo” un kilómetro de aceras y pasos de cebra en la avenida, y en febrero de 2017 todo sigue igual

Publicado en Local

La portavoz popular, Elena Muñoz, acompañada de los concejales Miguel Fidalgo y Teresa Egerique, se desplazó este jueves al Hospital Público Álvaro Cunqueiro, en donde ha denunciado el “completo abandono” que sufre esta infraestructura en lo que a la prestación de servicios municipales se refiere.

transporte

O Concello activa unha nova liña de transporte urbano directa ao Álvaro Cunqueiro

O novo servizo comeza o percorrido de ida en García Barbón "Calzada", seguindo por Sanjurjo Badía, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Ramón Nieto, Manuel Álvarez, Estrada Vella de Madrid, Seminario, Lameiro, Beade e Hospital Álvaro Cunqueiro

Publicado en Local

Co obxectivo de dar servizo a Teis, O Calvario, Lavadores e Beade para chegar ao novo Hospital, a nova liña H3 comezará a funcionar nun prazo de dúas ou tres semanas con saídas desde García Garbón e cun custe de 66.000 euros.

pagos

Vigo é a primeira das grandes cidades españolas en prontitude de pago a provedores

O Concello defende que pagou 8,94 días antes de que empece a contar o mes de prazo para aboar as facturas, fronte á media de 64,57 días dos municipios españois

Publicado en Local

En novembro de 2016, o Concello pagou 8,94 días antes de que empece a contar o mes de prazo para aboar as facturas, fronte á media de 64,57 días dos municipios españois. Para o alcalde este dato "é importante para as empresas" e súmase á débeda cero e o superávit nas contas municipais.

sos desaparecidos

celta

salud

cine

  • Últimas noticias

  • Más leído