17092019Mar
Última edición: Lun, 16 Sep 2019 11pm

O Casco Vello celebra o título da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na celebración dando mostra da satisfacción por que se culminase así o proceso dos últimos anos

19 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Veciños do Casco Vello celebrando este xoves o recoñecemento. / Foto: Xunta Veciños do Casco Vello celebrando este xoves o recoñecemento. / Foto: Xunta

A asociación de veciños do Casco Vello de Vigo celebrou este xoves o recoñecemento da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional converténdose así na primeira da cidade en obter esta distinción.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na celebración dando mostra da satisfacción por que se culminase así o proceso dos últimos anos. Neste tempo, a Xunta amosou o seu permanente asesorando aos organizadores para conseguir este título, antes de remitir en maio ao Goberno central o informe favorable, último paso para acadar esta distinción.

O Goberno galego asegura que continuará a colaborar agora con este festexo, xa que o recoñecemento obtido para a Reconquista suporá, ademais, que teñan unha achega de polo menos 25.000 euros anuais no marco dos convenios que a Xunta asina coas festas que teñen este recoñecemento. A esta cantidade poderán sumarse outros 10.000 euros opcionais a disposición dos organizadores que o soliciten. Galicia suma así 12 Festas de Interese Turístico Nacional, das que cinco están na provincia de Pontevedra.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

Tal día como hoy

1885

Sep


Nace el periódico vigués "El Independiente"

"Inicia su publicación un nuevo diario vigués...

Leer más »


tráfico

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído