O programa está destinado a entidades veciñais, sociais, asistenciais, empresariais, sindicatos, comunidades de montes e entidades deportivas. A súa finalidade e fomentar o emprego para reforzar a capacidade de auto organización e fortalecer o tecido social e o benestar social da cidadanía.
«Grazas a este plan, en 2017 un total de 25 persoas traballaron durante todo o ano na limpeza dos montes de Vigo, e grazas a iso o pavoroso incendio de outubro tivo menos alcance», apuntou o alcalde da cidade, Abel Caballero.
O rexedor tamén indicou que a Xunta de Goberno Local celebrada este xoves tivo «un contido social intenso e inmenso» ao dar o visto e prace tamén ao programa de teleasistencia (93.000 euros) e á asignación do cheque social (1,6 millóns). «Son un total de 3,5 millóns de euros destinadas a políticas sociais en Vigo», afirmou.
Por último, a Xunta de Goberno aprobou encomenda a Aqualia para a redacción do proxecto técnico das obras de mellora da rede de abastecemento na Avenida Ramón Nieto, marxe impar, desde o número 245 ata a rúa Subride.