Dende a representación sindical dos arredor de 80 empregados implicados explican que a concentración, que terá lugar diante das instalacións de GKN na avenida de Citroën de 13:15 a 14:30 horas, servirá para reclamar a aplicación íntegra do convenio provincial do metal, o que suporía un considerable aumento de salarios.
Ata hai catro anos a empresa aplicáballes o convenio de Comercio de Artes Gráficas, unha sentenza que chegou a finais de 2014 tras unha denuncia da CIG recoñecéuselles o dereito a gozar das condicións laborais establecidas no convenio provincial do metal de Pontevedra. Dende entón as condicións laborais están equiparadas, a excepción dos salarios, advirten desde a CIG.
Por iso, o persoal decidiu en asemblea levar a cabo mobilizacións e presentar demandas contra as empresas por “cesión ilegal de traballadores”, ao tempo que non descarta convocar paros no mes de setembro.