• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 11 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Pleno de Vigo aproba inicialmente o orzamento para o ano 2020

    A Corporación Municipal deu este venres o visto e prace cos votos do PSOE ás partidas orzamentarias para o vindeiro exercicio. Os grupos municipais do PP, Marea de Vigo e BNG votaron en contra
    Redacción por Redacción
    15 de Nov, 2019
    en Economía
    0

    Nesas contas, que serán aprobadas de xeito definitivo en decembro, os gastos relacionados con Política Social crecen en 1,5 millóns de euros, un 9% máis, ata os 17,7 millóns de euros. Neste capítulo figuran partidas como os 540.000 euros para os Coidadores de Barrio, os case que 2,5 millóns para as axudas contra os desafiuzamentos, 1,8 millóns para axudas de libros e comedor escolar, 273.000 euros (un 14,7% máis que este ano) de apoio a comedores sociais, os 820.000 euros do centro de inclusión social, 329.000 euros para cooperación internacional e con entidades sociais, ou os 6,4 millóns (medio millón máis, un 8,4% de incremento) para Axuda no Fogar.

    Educación achégase aos 15 millóns, 900.000 euros máis que este ano. As becas de inglés soben un 5,5% ata superar os 2 millóns de euros, 2,9 millóns destínanse á limpeza dos colexios, 750.000 euros para cubrir patios e os case que 1,5 millóns para as escolas infantís municipais, un 15% máis que este ano e que inclúe o novo centro de Bembrive.

    Emprego eleva o seu orzamento por encima dos 6 millóns de euros, un 13,1% máis dos 5,3 millóns do documento en vigor para 2019. Dúas partidas superan o millón de euros: as axudas á creación de emprego e a iniciativa Vigo pola inserción laboral. Por outra banda, o goberno de Vigo reserva 36,7 millóns para Seguridade, aumentando a cantidade deste ano un 6,6%. Neste apartado figuran 880.000 euros para a regulación semafórica intelixente, entre outras partidas.

    Deportes presenta un orzamento de 12 millóns de euros. A liña de subvencións a entidades de base sen ánimo de lucro incrementa a súa contía nun 8,8%, ata os 925.000 euros, cando en 2015 a cifra non chegaba ao medio millón de euros. O apoio directo aos clubs de elite suma 464.500 euros. Igualdade eleva o seu orzamento un 1,23% ata os 1,25 millóns de euros, con 241.000 euros para a Casa das Mulleres, entre as principais partidas.

    O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, defendeu o documento económico por estar elaborado con equilibrio e débeda cero. O edil destacou ademais que Vigo terá o seu décimo terceiro orzamento consecutivo. «É un orzamento inversor que vai a mellorar a vida dos vigueses, garante os servizos públicos, conxela os impostos e son unhas partidas que redistribúen cunha evolución de axudas sociais», sinalou.

    Pola súa banda, o voceiro do Partido Popular, Alfonso Marnotes, xustificou o voto en contra do seu grupo municipal ao considerar que aumentan os impostos directos, os indirectos, as taxas e a presión fiscal. «Non dan solucións á cidade, son presupostos inxustos, con máis gasto corrente, non beneficia ás familias, castiga aos que crean riqueza e non son redistributivos», concluíu.

    Mentres, Rubén Pérez, da Marea de Vigo, argumentou a presentación dunha emenda á totalidade dos orzamentos en base a falla dunha maior colaboración cidadá na elaboración das contas e dunha fiscalidade progresiva para baixar determinados impostos. O concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, lamentou que o goberno local «négase a escoitar e non atende ás necesidades reais».

    43

    RelacionadosArtículos

    Fin de una era en Ronda de Don Bosco: Dadá baja la persiana de su local fundacional tras 30 años
    Local

    Fin de una era en Ronda de Don Bosco: Dadá baja la persiana de su local fundacional tras 30 años

    11 de Feb, 2026
    El temporal condiciona el transporte de ría en Vigo
    Local

    La borrasca Nils obliga a cancelar el transporte de ría en medio de una alerta naranja y otra amarilla

    11 de Feb, 2026
    UGT critica el “desinterés” de la Xunta por garantizar la seguridad en la Ciudad de la Justicia de Vigo
    Local

    Absuelta a una tienda de Vigo de pagar 8.000 euros de electricidad por el «caos absoluto en la facturación»

    11 de Feb, 2026
    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta
    Más Vigo

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta

    11 de Feb, 2026
    Colapso circulatorio en Vigo: un vehículo bloquea la AP9V y las retenciones alcanzan los túneles de Beiramar
    Local

    Colapso circulatorio en Vigo: un vehículo bloquea la AP9V y las retenciones alcanzan los túneles de Beiramar

    11 de Feb, 2026
    Un camión de la basura atrapado en un socavón mantiene en vilo a los vecinos de Rúa Casal
    Local

    Un camión de la basura atrapado en un socavón mantiene en vilo a los vecinos de Rúa Casal

    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta
    Más Vigo

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta

    En esta época invernal del 2026, con intensos fríos e inacabables borrascas, a muchas personas les viene el recuerdo de...

    por Julio Alonso
    11 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR