• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 7 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    covid-19

    O BNG de Vigo propón unha axuda directa de 1.500 euros a comercios, PEMEs e autónomos

    A formación pediu ao Concello a creación dunha unha Estratexia de Promoción Económica e do Emprego que inclúa unha liña de microcréditos municipais ao sector comercial, maiores bonificacións e aprazamentos na fiscalidade municipal
    Redacción por Redacción
    16 de Abr, 2020
    en Covid-19, Economía
    0
    O BNG de Vigo propón unha axuda directa de 1.500 euros a comercios, PEMEs e autónomos

    Xabier Pérez Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo. / Foto: Sonia Daponte

    Na perspectiva de que unha vez superada a emerxencia sanitaria do coronavirus a cidade de Vigo enfrontará unha situación moi complexa en termos económicos, produtivos e laborais, o Bloque Nacionalista Galego vén de propoñer que o Concello de Vigo poña en marcha unha Estratexia de Promoción Económica e do Emprego.

    Sobre ese obxectivo, a fronte nacionalista propón unha serie de medidas concretas entre as que inclúen redimensionar os programas do actual Plan Municipal de Emprego duplicando a súa dotación orzamentaria.

    Para facilitar a liquidez necesaria que permita o reinicio da actividade comercial e das PEMEs da cidade, defenden a creación dunha liña de axudas directas, por importe de até 1.500 euros, para autónomos, sector comercial e pequena e mediana empresa. Ademais, suxiren que o Concello promova, a través do convenio con algunha entidade financeira, a creación dunha liña de microcréditos municipais para o pequeno comercio que forneza de préstamos sen xuros de até 5 mil euros, a devolver nos próximos 5 anos.

    Outra das medidas que propoñen é a modificación das ordenanzas fiscais municipais para  habilitar, con carácter extraordinarios, bonificacións e o pago aprazado sen recargo no ano natural en impostos e taxas como o IBI, o recibo da auga ou a recollida do lixo para PEMEs e autónomos.

    “Temos que evitar que as consecuencias da crise do coronavirus se traduzan na destrución de emprego, no feche do tecido comercial ou na desertización da nosa base produtiva”, reivindicou o concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas. Nese sentido, chamou a “redobrar esforzos,  poñendo todos os medios e activar todas as capacidades que ten o Concello para asegurar que unha vez que superemos a crise sanitaria as consecuencias laborais, produtivas e económicas sexan as menores e esteamos en condicións dunha recuperación rápida e sólida”, acrecentou.

    Igrexas chamou tamén a acordar, a través da Mesa Local do Comercio e coa participación das asociacións de comerciantes, as medidas necesarias para a promoción do consumo no comercio local. “É claro que o pequeno comercio é quen máis se vai resentir desta crise, e desde o BNG apostamos por fortalecelo”, explicou o portavoz municipal nacionalista, subliñando que é ese tecido comercial de proximidade “o que vertebra a cidade, dinamiza os barrios e parroquias e crea emprego estábel”.

    Por último, a formación nacionalista sostén que é fundamental despregar un plan de continxencia específico para a protección do tecido e da industria culturais da cidade, contando co participación dos colectivos e axentes culturais co obxectivo de garantir a continuidade da actividade cultural na cidade. “Para Vigo a cultura é unha actividade estratéxica e na que temos un enorme potencial. Non podemos abandonala”, xustificou Igrexas.

    43

    Tags: BNG de VigocomerciocoronavirusEconomíahosteleríapymes

    RelacionadosArtículos

    La CIG denuncia “falta de personal” en el PAC de Vigo y pide seguridad para evitar “incidentes”
    Local

    Otros dos PAC en Vigo como solución a las colas y los amontonamientos en Urgencias

    07 de Ene, 2026
    Casi 400.000 euros para modernizar la plaza de abastos de Mondariz-Balneario
    Mondariz

    Casi 400.000 euros para modernizar la plaza de abastos de Mondariz-Balneario

    05 de Ene, 2026
    Local

    «Vuelva usted mañana», definición de la política de vivienda del Gobierno de Abel Caballero

    02 de Ene, 2026
    Local

    «Absoluta decepción» e «inocentada»: así califica la oposición de Vigo el nuevo contrato del bus urbano

    30 de Dic, 2025
    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos
    Local

    El BNG rechaza la «mala copia de Madrid Central» y aboga por otro modelo para las Zonas de Bajas Emisiones

    26 de Dic, 2025
    La gran fiesta de Nochevieja en Vigo regresa… al debate
    Local

    Dos horas extra de fiesta en Fin de Año y Reyes

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    «Absoluta decepción» e «inocentada»: así califica la oposición de Vigo el nuevo contrato del bus urbano

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    Vigo se convierte en el mercado más exclusivo de Galicia con una subida de un 9% en el precio del alquiler

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Calendario laboral en Vigo: el año 2026 se estrena con varios puentes festivos

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Las antiguas butacas del cine Fraga
    Más Vigo

    Las antiguas butacas del cine Fraga

    Estas son las antiguas butacas del cine Fraga, de Vigo. Son auténticas, pero acusan el uso y el paso del...

    por Julio Alonso
    07 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR