Ao igual que o xoves, grupos de empregados concentráronse dende primeira hora ás portas das cinco tendas que a marca ten na provincia (Vigo, Pontevedra e Vilagarcía). Segundo explican dende a CIG-Servizos, o paro continuará nos vindeiros días xa que a dirección se nega polo de agora a sentarse a negociar as diferentes condicións de traballo existentes entre o persoal das distintas provincias galegas.
En concreto, trátase de aspectos referentes á xornada laboral, pluses e retribucións, permisos e excedencias, lactancia, vacacións e incapacidade permanente.
As traballadores da provincia de Pontevedra pretenden que se lles apliquen as melloras logradas en provincias como a da Coruña, o que permitiría rematar coa discriminación laboral tanto entre as distintas marcas do grupo téxtil (Bershka e Kiddy’s Class de Pontevedra foron as únicas que se negaron a pactar as melloras) como entre as empregadas fixas e eventuais.