O acto estaba convocado na lámpada de Urzaiz, onde tivo lugar unha concentración. Posteriormente, os manifestantes percorreron a rúa do Príncipe rumbo á Porta do Sol.
Ao remate da mobilización, o secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, dirixiuse aos asistentes, denunciando “a tentativa do gran capital para fomentar os plans privados en detrimento do actual modelo, que xa sufriu importantes ataques como o ‘pensionazo’ de 2011”.
Ademais, Gonçalves rematou a súa intervención emprazando a novas mobilizacións para reivindicar un sistema de pensións eficiente e digno.