22092019Dom
Última edición: Sáb, 21 Sep 2019 9pm

MANIFESTACIÓN

A CIG chama á cidadanía á mobilización do 1º de Maio

"Reclamamos emprego e salarios dignos como única saída á actual crise económica”, afirma a central sindical

29 Abril 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Alberto Gonçalves e Anxo Iglesias, este mércores na presentación da marcha do 1º de Maio. / Foto: CIG Alberto Gonçalves e Anxo Iglesias, este mércores na presentación da marcha do 1º de Maio. / Foto: CIG

O secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, presentou este mércores en rolda de prensa xunto ao secretario de Organización, Anxo Iglesias, a manifestación que percorrerá a cidade este 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora. A marcha -na que participará o secretario xeral da CIG, Suso Seixo- partirá do cruce da Doblada con Urzaiz (na entrada da rúa peonil do Calvario) ás 11.30 horas e rematará na Porta do Sol.

Os responsábeis sindicais lembraron a importancia dunha data na que se conmemora a execución nos EEUU dun grupo de sindicalistas que reivindicaban a xornada laboral de oito horas, suceso do que se cumpren 125 anos. “Este Primeiro de Maio debe de ser un punto de inflexión, porque non podemos seguir así, con estas políticas que afogan a clase traballadora e que ameazan con converter a comarca de Vigo nun deserto industrial”, indicou Gonçalves.

Neste senso, o secretario comarcal da CIG-Vigo sinalou que a cifra real de desemprego no conxunto da bisbarra supera as 80.000 persoas, “xa que hai que contabilizar os milleiros de traballadores/as que ingresan mendos de 150 euros brutos ao mes”.

Ademais, puxo sobre a mesa os datos da última EPA que deixan ver a destrución de emprego que ese está a producir e que amosan que dende finais de 2014 perdéronse 2500 postos de traballo, sobre todo na industria e no sector servizos. “Unicamente se crearon uns 400 ou 500 empregos na construción debido ao incremento da obra pública con motivo das eleccións municipais; mentres, as gradas do naval seguen baleiras, a automoción en caída libre e pechan negocios a diario”.

Ao mesmo tempo, denunciou que na contorna hai máis de 50.000 persoas en risco de exclusión social, polo que chamou a combater na rúas as políticas do PP que están a precarizar as condicións laborais e a empobrecer a clase traballadora. “Facemos un chamamento á cidadanía a que se manifesta con nós nesta xornada de reivindicación para reclamar emprego e salarios dignos como única saída á actual crise económica”.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

Tal día como hoy

1702

Sep


Entra en la Ría la flota de Indias

"Al mando del Almirante D. Manuel Velasco de Te...

Leer más »


navidad

navidad 2019

  • Últimas noticias

  • Más leído