13112019Mié
Última edición: Mar, 12 Nov 2019 9pm

Tres empresas presentan ofertas para cinco parcelas na Plisan

O Instituto Galego de Vivenda e Solo aprobou o proxecto de urbanización da segunda fase da zona LE, polo que en breve Zona Franca poderá licitar a obra

21 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Plano da Plisan. / Foto: Xunta Plano da Plisan. / Foto: Xunta

Rematado o prazo de presentación de ofertas para a adquisición de solo na PLISAN, tres empresas presentaron as súas poxas para a adquisición dun total de cinco parcelas.

As ofertas presentadas suman un total de 68.865,88 metros cadrados, que supoñen preto do 20 por cento do solo posto a disposición das empresas. En todo os casos as empresas solicitan a adxudicación en dereito de superficie, o que lles facilita o acceso ao solo empresarial ao pagar un canon anual reducido, permitíndolles acceder á propiedade do solo, si o desexan, dentro dos dez anos posteriores á adxudicación.

A adxudicación das parcelas solicitadas realizarase a través dunha poxa, na data que se determine, á que poderán acceder as empresas que presentaron as súas ofertas.

Tal e como informou este luns a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, as compañías poderán comezar a instalarse na plataforma no primeiro semestre do 2020, coincidindo co remate das obras de urbanización da primeira fase da zona loxístico-empresarial, da ETAP e da EDAR, nas que se están a investir 20,6 millóns de euros.

Corina Porro subliñou que a Plisan é o resultado do “maior esforzo por crear solo industrial” dos tres organismos promotores (Xunta, Autoridade Portuaria e Consorcio da Zona Franca). “Arrancamos xa coa presentación de ofertas, o que supón a posta marcha definitiva nesta área industrial, xeradora de riqueza e emprego”, apuntou.

“Desde a súa orixe, a Plisan proxectouse como un polo estratéxico de atracción de empresas e industrias, cunha situación inmellorable que permitirá as nosas empresas e industrias mellorar a súa loxística e crecer en espazo e competitividade”, afirmou, para recordar que esta plataforma conta cunha inversión superior aos 231 millóns de euros por parte das tres entidades implicadas.

Por outra parte, anunciou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo aprobou o proxecto técnico de urbanización da segunda fase da zona LE, o que permitirá á Zona Franca de Vigo licitar en breve a obra de urbanización da mesma, en función dos acordos adoptados entre as tres administracións que participan no desenvolvemento da Plisan, que acordaron que fose Zona Franca a encargada da licitación das obras das dúas fases da LE. Cabe recordar que as obras da primeira fase da LE están xa en execución.

Inicia sesión para enviar comentarios

Tal día como hoy

1875

Nov


Las artes gráficas

"La piqueta rotuladora no descansa, en su tarea...

Leer más »


mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído