13112019Mié
Última edición: Mar, 12 Nov 2019 9pm

Vigo acolle un curso para descubrir os segredos da Bolsa

A Universidade organiza unha formación aberta a todo o público para dar a coñecer os pormenores dun mercado que “cada vez máis constitúe unha alternativa de aforro”

21 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
 José Luis Sáez Ocejo na Bolsa de Madrid. / Foto: DUVI José Luis Sáez Ocejo na Bolsa de Madrid. / Foto: DUVI

O frenético proceso de cambios ao que está sometida a Bolsa esixe unha permanente actualización de coñecementos e consolidación de capacidades. Neste contexto, a Universidade de Vigo volve lanzar unha nova convocatoria, e xa van dezasete, do seu curso de formación de Introdución á Bolsa, unha actividade na que as e os participantes poderán facerse cunha idea clara de como funciona o mercado.

Deste xeito, os asistentes poderán entender mellor, de cara a investimentos futuros, como deben tomarse as decisións nun mercado que “cada vez máis constitúe unha alternativa de aforro, tanto para particulares como para institucións”, explica o seu coordinador, José Luis Sáez Ocejo, ao que engade que “permite obter unha rendibilidade relevante fronte a outro tipo de investimentos, aínda que sexa a costa de asumir un maior risco”.

Esta nova edición do curso arrancará o vindeiro luns día 28 na EU de Estudos Empresariais na rúa Torrecedeira e prolongarase ata o 7 de novembro. O prazo de inscrición –a través da plataforma Bubela- manterase aberto ata o mesmo día de inicio do curso, lembrando desde a organización que esta actividade se dirixe tanto ao alumnado universitario como a persoas alleas á comunidade.

Visto como algo complexo pola maioría dos estudantes, un dos obxectivos desta iniciativa é achegar os mercados bolsistas e facelos máis accesibles aos participantes. “É un curso de introdución cunha linguaxe próxima”, apunta José Luis Sáez Ocejo, profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade e director desta iniciativa xunto con Trinidad González-Portela. “Calquera alumno pode participar, a finalidade é que lle soe a temática e que comece a empregar no día a día os criterios aprendidos”, recalca o coordinador do curso.

A formación cumpre este ano a súa décimo sétima edición e os organizadores esperan unha acollida similar aos anos anteriores, nos que sempre se contou cunha media de entre 22 e 30 participantes, maioritariamente estudantes da UVigo, pero tamén persoas alleas que queren adquirir unha serie de datos básicos sobre o mercado de valores. “En xeral os resultados son sempre moi satisfactorios“, sinala Sáez Ocejo, quen salienta que o alumnado procede, sobre todo, de titulacións do ámbito das ciencias sociais, comercio e ADE, “aínda que nos últimos anos hai maior participación de estudantes de ramas tecnolóxicas”, engade o coordinador, quen lamenta que a presenza de alumnas no curso sempre acostuma a ser menor que de alumnos, “de cada dez participantes, só tres adoitan ser mulleres”.

Profesionais do sector achegarán no curso as súas experiencias
Ao longo das 34 horas que dura o curso impartiranse sete módulos teóricos que achegarán ás persoas matriculadas temáticas como o funcionamento do mercado, o ciclo económico bolsista ou a xestión do patrimonio persoal, tanto a través de charlas como de sesións prácticas que se apoiarán en diferentes programas informáticas. “Ademais, os alumnos e alumnas tamén participarán nun divertido xogo de Bolsa durante todo o curso, no que simularán un proceso de compravenda de accións do IBEX 35”, explica Sáez Ocejo.

O curso será impartido por profesores do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo, entre eles Irene Garrido Valenzuela, ex-secretaria de Estado de Economía, e diferentes profesionais do sector que achegarán as súas experiencias. “Dende a primeira edición mantense máis da metade do profesorado, para eles e para min este curso é como parte de nós”, conclúe Sáez, quen lembra que o prezo de matrícula é de 50 euros para o alumnado matriculado en graos oficiais da UVigo, 100 euros para o resto de integrantes da comunidade universitaria e 120 para as persoas alleas a ela.

Inicia sesión para enviar comentarios

Tal día como hoy

1875

Nov


Las artes gráficas

"La piqueta rotuladora no descansa, en su tarea...

Leer más »


mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído