15112019Vie
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

A ampliación do Ifevi farase a costa dos terreos da Comunidade de Montes

O alcalde de Vigo iniciou coa cúpula de Conxemar a planificación da obra para acurtar prazos e que estea rematada no menor tempo posible

07 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
A reunión deste luns entre responsables municipais, de Conxemar e do Ifevi. / Foto: Concello de Vigo A reunión deste luns entre responsables municipais, de Conxemar e do Ifevi. / Foto: Concello de Vigo

Os dirixentes de Conxemar e do Ifevi acudiron este luns á Alcaldía de Vigo para reunirse con Abel Caballero de cara a planificar a ampliación do recinto feiral de Cotogrande. O obxectivo é acurtar os prazos todo o posible para que o solo estea dispoñible na edición de 2020 e consolidar así unha feira que conta coa ameaza da Seafood de Barcelona, que se celebrará en 2021.

As partes elaboraron un calendario de traballo que se inicia co encargo do proxecto de ampliación por parte da propia Conxemar. A entidade proporciona o documento e o Concello de Vigo solicitará á Xunta de Galicia á chamada ‘lei Vigo’ –Ley 3/2016- que faga posible o cambio de uso do solo, propiedade da Comunidade de Montes na súa práctica totalidade.

Posteriormente, o Concello acudirá á vía da negociación -como aconteceu na última ampliación- ou da expropiación forzosa para facerse con eses terreos comunais e cedelos ao Goberno autonómico para que licite e execute a obra.

Segundo o acordo adoptado, o Concello asumirá o custo da consecución dos terreos e emitirá o informe sobre as alegacións presentadas ao proxecto na exposición pública. Caballero comprometeu máxima celeridade con todas as xestións. A ampliación permitirá a Conxemar dispoñer duns 5.000 metros cadrados máis no Instituto Feiral de Vigo.

Cómpre lembrar que esta mellora do espazo vén dada pola demanda dos dirixentes da feira. A súa petición foi ben recibida pola administración local e pola Xunta.

Inicia sesión para enviar comentarios

Tal día como hoy

1857

Nov


Oporto y Valença más cerca de Vigo

"A propósito de nuestras comunicaciones con Po...

Leer más »


gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído