08122019Dom
Última edición: Dom, 08 Dic 2019 12pm

Galicia destina 5,7 millóns á iniciativa Comercio 360 para mellorar a competitividade

O programa da Xunta dá resposta aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector

27 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(3 votos)
Rúa do Príncipe, en Vigo. / Foto: Arquivo Rúa do Príncipe, en Vigo. / Foto: Arquivo

Mellorar a competitividade do comercio local poñendo ao consumidor no centro de todas as decisións é o obxectivo da nova iniciativa Comercio 360 posta en marcha pola Xunta de Galicia.

A través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Administración autonómica activou este ano un programa que dá resposta aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector e que se adapta e anticipa ás novas demandas e necesidades dos cidadáns.

Cun orzamento de 5,7 millons de euros, a medida vai dirixida a avanzar na dixitalización para mellorar a atención e experiencia do cliente, á vez que pon en valor a aposta polo produto local, a sustentabilidade e a economía circular, a responsabilidade social ou o deseño, facendo que estes sexan os seus elementos de diferenciación e especialización.

A iniciativa Comercio 360 ven substituír ao anterior concepto SmartCommerce creado no Plan de Impulso ao Comercio Interior de Galicia 2015-2020. Agora, cunha visión a tres anos (2019-2021), nesta primeira fase poñeranse en funcionamento medidas de sensibilización, axudas para a ecoinnovación e laboratorios comerciais.

Ademais da realización de xornadas e a análise de casos de éxito, a Consellería de Economía, Emprego e Industria traballará na labor de sensibilización e divulgación do Comercio 360. Tamén impulsa unha liña de axudas á ecoinnovación para impulsar a economía circular e a sustentabilidade no comercio a través da adhesión á plataforma de tícket dixital –que permite aos clientes e comercios coñecer o estado e garantía das súas compras ou vendas evitando a perda ou deterioro do tícket tradicional e minimizando o uso do papel–; da promoción dos ecoenvases realizados con materiais cen por cen biodegradables; ou implantando proxectos de economía circular que fomenten a reciclaxe e os produtos ecolóxicos.

Laboratorios comerciais en sete cidades
Servizos personalizados de mentoring, comunicación e publicidade, marketing intelligence ou mellora da xestión chegarán aos interesados a través da creación de sete laboratorios comerciais nas principais cidades galegas para asesorar e impulsar o Comercio 360.

logo comercio360 xuntaEsta nova iniciativa, dirixida a pemes de menos de 10 traballadores, enmárcase na estratexia de impulso á competitividade do comercio de proximidade e ten como obxectivo ofrecer aos establecementos unha folla de ruta para conseguir un comercio diverso, moderno e adaptado ás novas realidades –reforzando tanto a súa imaxe física como dixital– e servizos, o que permitirá dinamizar tamén os centros urbanos das cidades e vilas galegas para facelos máis atractivos aos cidadáns, turistas e visitantes.

A Xunta márcase tres obxectivos prioritarios coa posta en marcha desta iniciativa: lograr que 10.000 comercios galegos se sumen a esta estratexia 360; que máis de 1.000 comercios se beneficien dos servizos de asesoramento; e que 5.000 comercios incorporen no seu modelo de xestión a aposta pola sustentabilidade e o tícket dixital.

Plan Extratéxico
O Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio 2015-2020 facía referencia a aspectos máis dixitais, mentres que o Comercio 360 presenta unha estratexia máis global, que inclúe valores como a sustentabilidade, a aposta polo produto local, a creación de marca vencellada ao territorio e un novo concepto máis amplo de comerciante que inclúe tamén aspectos como o deseño ou a fabricación de produto propio.

O pasado ano xa se puxo en marcha unha liña específica dotada de 4,1M€ cos seguintes resultados: 487 axudas concedidas que suman preto de 2,37 millóns de euros, o que permite a mobilización final de investimentos que superan os 4,7 millóns.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

Tal día como hoy

1617

Dic


Resistencia de Vigo contra los continuos ataques de las tropas turcas

"Decidida la intervención del Cabo de Mar de e...

Leer más »


navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído