15102019Mar
Última edición: Mar, 15 Oct 2019 3pm

A CIG acusa a PSA Vigo de vulnerar o dereito de conciliación laboral de dúas traballadoras

O sindicato denunciou que a empresa denegou ás empregadas a concreción horaria da redución de xornada

20 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Unha protesta pola conciliación familiar e laboral ás portas de PSA . / Foto: CIG Unha protesta pola conciliación familiar e laboral ás portas de PSA . / Foto: CIG

A sección sindical da CIG en PSA Vigo acusou á empresa de vulnerar novamente o dereito de conciliación da vida laboral e familiar, xa que o mes pasado volveu a denegarlle a dúas traballadoras a concreción horaria da redución de xornada. Dende a central lembran que se trata dun dereito recollido na normativa vixente, que establece a posibilidade de concretar o horario da redución de xornada atendendo ás necesidades ordinarias de conciliación.

Trátase dun dereito recollido na normativa vixente, que establece a posibilidade de concretar o horario da redución de xornada para poder conciliar.

No escrito de resposta á solicitude das operarias afectadas, a dirección sostén que “es imposible gestionar horarios a la carta como el que usted plantea […] porque el tiempo que usted no preste servicios tendría que ser cubierto por otro compañero de planta, seguramente de forma obligatoria”.

Ademais, Citroën argumenta a súa negativa asegurando que “esta nueva petición implicaría alterar el régimen de turnos rotatorias establecido en la empresa” e que isto “perjudicaría seriamente la organización productiva en vigor”. Finalmente, indica que a traballadora “debería haber justificado la proporcionalidad de los perjuicios que la misma podía plantear, tanto a esta mercantil, como a los otros compañeros”.

Para a CIG-Citroën, os intereses da dirección non poden antepoñerse ao dereito que ten un traballador a conciliar a vida laboral e familiar. “Cando alguén solicita unha alteración na distribución do tempo de traballo, mudando horarios, tense que valorar a solicitude estudando todas as posibilidades para afrontar a reorganización do traballo”. Neste senso, pregúntanse se esta práctica só a pode utilizar a dirección da empresa cando necesita cumprir cos seus obxectivos industriais.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

economía

Tal día como hoy

1909

Oct


Primer número del quincenario Alegría

"Se publica el número 1º del quincenario fest...

Leer más »


economía

  • Últimas noticias

  • Más leído