08122019Dom
Última edición: Dom, 08 Dic 2019 12pm

Os sindicatos convocan asembleas en PSA Vigo para preparar a folga do xoves

CIG, CCOO e UGT urxen á dirección a buscar solucións inmediatas “se non queren atoparse con outra convocatoria para a semana que vén”

14 Mayo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha concentración ás portas de PSA Vigo. / Foto: CIG Unha concentración ás portas de PSA Vigo. / Foto: CIG

CIG, CCOO e UGT van realizar este mércores 15 de maio asembleas de traballadores nas tres quendas laborais das liñas de montaxe, naves e ferraxe para informar e preparar a xornada de folga convocada para xoves co obxectivo de esixir solucións á sobrecarga de traballo na montaxe (con especial incidencia na liña 2) e que se contrate ao persoal necesario para poder sacar adiante a actividade.

As tres organizacións sindicais lembran que levan preto de cinco meses solicitando medidas para que o persoal de montaxe teña mellores condicións nos postos de traballo, sen que ata o momento a dirección teña adoptado ningún tipo de solución. E así llo volveron lembrar na reunión extraordinaria mantida este luns co director do centro, que apelou ao "diálogo" e á "reflexión".

Neste senso, a representación de CIG, CCOO e UGT defende tamén a reflexión e o diálogo pero critica a esterilidade destes encontros “xa que a dirección segue sen querer abordar a creación de postos, a redución das cargas de traballo, a recuperación de operacións externalizadas, a falla dun mapa de postos esixentes fisicamente ou a ausencia dunhas rotacións que sirvan para evitar lesións”.

De feito, critican que fora necesario ter enriba da mesa unha convocatoria de folga “para que a dirección recoñecera publicamente que hai sobrecarga de traballo na liña 2”. Por iso, reiteran a súa disposición ao diálogo, mais insisten en que non van desconvocar o paro “porque non nos podemos fiar das boas palabras de quen leva catro meses demorando a posta en marcha de medidas urxentes para mellorar as condicións laborais”. “Queremos feitos e querémolos xa”, engaden.

A este respecto, urxiron á dirección a buscar solucións inmediatas “se non queren atoparse  con outra convocatoria de folga para a semana que vén”.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

Tal día como hoy

1617

Dic


Resistencia de Vigo contra los continuos ataques de las tropas turcas

"Decidida la intervención del Cabo de Mar de e...

Leer más »


navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído